Benvidos a Bibliosons, o blog de Música das Bibliotecas Municipais da Coruña. O noso principal obxectivo é iniciar unha nova canle de comunicación con todos os amantes da música que visitades a miúdo os nosos fondos musicais ou descoñecedes por completo todo o que as nosas bibliotecas agochamos nas estanterías entre libros, películas e cd´s
Bibliosons pretende descubrirvos a gran variedade dos nosos fondos musicais pero tamén:
- Informar das últimas novidades musicais incorporadas ao noso catálogo
- Difundir as actividades que organizamos relacionadas coa música
- Crear un espazo interactivo onde colaborar con entidades e asociacións que traballan no eido da música na nosa cidade
- Empregar a música coma un elemento de integración das comunidades de inmigrantes existentes na Coruña, a través do (re)coñecemento da diversidade cultural e da súa valorización en positivo
- E sobre todo, por riba de todo: charlar, compartir, opinar, debatir e mellorar as nosas bibliotecas e particularmente os nosos fondos musicais con todas vosas aportacións e comentarios.
Bibliosons está estruturado en 8 categorías temáticas:
- Local (artistas e grupos)
- Actualidade (novidades, concertos, …)
- Retrovisor (artistas e bandas, escenas musicais, … de épocas pasadas)
- Recomendacións (nosas e dos nosos usuarios e usuarias)
- Entrevistas (a artistas, xente do ambiente musical da cidade, …)
- Radio (lista de reprodución)
- En profundidade (reportaxes)
- Ao Vivo (crónicas de concertos, os Xoves na Sagrada, …)
Participa, comenta e descúbrenos esa música que non atopas nas nosas bibliotecas, axúdanos a mellorar, porque como dicía Shakespeare:
O home a quen non lle conmove o acorde dos sons harmoniosos, é capaz de toda clase de traicións, estrataxemas e depravacións. William Shakespeare