Inauguramos a nosa musicateca

cropped-propostas1.jpgBenvidos a Bibliosons, o blog de Música das Bibliotecas Municipais da Coruña. O noso principal obxectivo é iniciar unha nova canle de comunicación con todos os amantes da música que visitades a miúdo os nosos fondos musicais ou descoñecedes por completo todo o que as nosas bibliotecas agochamos nas estanterías entre libros, películas e cd´s

Bibliosons pretende descubrirvos a gran variedade dos nosos fondos musicais pero tamén:

  1. Informar das últimas novidades musicais incorporadas ao noso catálogo
  2. Difundir as actividades que organizamos relacionadas coa música
  3. Crear un espazo interactivo onde colaborar con entidades e asociacións que traballan no eido da música na nosa cidade
  4. Empregar a música coma un elemento de integración das comunidades de inmigrantes existentes na Coruña, a través do (re)coñecemento da diversidade cultural e da súa valorización en positivo
  5. E sobre todo, por riba de todo: charlar, compartir, opinar, debatir e mellorar as nosas bibliotecas e particularmente os nosos fondos musicais con todas vosas aportacións e comentarios.

cropped-propostas11.jpg

Bibliosons está estruturado en 8 categorías temáticas:

  • Local (artistas e grupos)
  • Actualidade (novidades, concertos, …)
  • Retrovisor (artistas e bandas, escenas musicais, … de épocas pasadas)
  • Recomendacións (nosas e dos nosos usuarios e usuarias)
  • Entrevistas (a artistas, xente do ambiente musical da cidade, …)
  • Radio (lista de reprodución)
  • En profundidade (reportaxes)
  • Ao Vivo (crónicas de concertos, os Xoves na Sagrada, …)

Participa, comenta e descúbrenos esa música que non atopas nas nosas bibliotecas, axúdanos a mellorar, porque como dicía Shakespeare:

O home a quen non lle conmove o acorde dos sons harmoniosos, é capaz de toda clase de traicións, estrataxemas e depravacións.  William Shakespeare

bibliosons3

Advertisements

4 thoughts on “Inauguramos a nosa musicateca

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s