Na Feira do Libro da Coruña pensan nos mais pequenos e hoxe comeza unha semana enteira de música adicada aos cativos, unha festa diaria animada polas figuras máis relevantes da música galega para nenos.
A música de Pablo Diaz, Mamá Cabra, Susa Herrera… acompañarannos o 5, 6, 7, 8, 9 e 10 de Agosto ás 20.00 no espectáculo “Lemos, cantamos, gozamos…” producido pola editorial Galaxia.
Deixamosvos aquí a programación da Semana da música Infantil na Feira do Libro:
- Luns 5 de agosto: “Cantaruxa coa Bruxa Maruxa” con Uxía
- Martes 6 de agosto: Presentación do libro-CD “Rosalia pequeniña” con Uxía
- Mércores 7 de agosto: “Toc-Toc” con Pablo Díaz
- Xoves 8 de agosto: “Animais enCantadores” con Susa Herrera
- Venres 9 de agosto: “Ola, Ola, la!! con Mamá Cabra
- Sábado 10 de agosto: “Bicos de música” con Mamá Cabra
De agasallo mentres chega o día compartimos con vos un anaco da actuación de Mamá Cabra na Biblioteca Infantil e Xuvenil no obradoiro de arrolos para bebes que tivemos a sorte de comaprtir con eles:
No blog das Bebeteca tedes mais información sobre a mellor música dispoñible nas nosas bibliotecas para os raparigos.
E se queredes gozar destes libros en persoa non tedes máis que achegarvos ás nosas bibliotecas.