O fenómeno El Náutico

Co verán achéganse a calor, os días longos, a manga curta, as ganas de praia e chiringuito que nos faga desfrutar dun bo ambiente. Pero, e se ese chiringuito se convirte nun “fenómeno”? . É o que lle ocorreu a un deles situado á beira da praia da Barrosa en San Vicente do Mar (O Grove).

Alá polos anos 90, caeron en mans de Miguel de la Cierva un espazo e unha posibilidade.

O espazo, inmellorable, un antigo fabriquín de salazón pseudoreformado, nunha praia onde a lúa emerxe deixando un mar de plata e o faro da illa de Ons alumea ao seu ton acompañando o ritmo das ondas na orela.

A posibilidade, facer dun chiringuito de praia de día, un local de concertos de noite no que se reunisen e tocasen músicos coma os que nestes anos puidéronse escoitar: Iván Ferreiro, Xoel López (Deluxe), pregoneiro este ano das festas da Coruña, Russian Red, Leiva (Pereza), Raimundo Amador, Nacho Vegas, Cristina Rosenvinge, Love of lesbian, Eladio y los seres queridos, Lori Meyers, Nawya Nimri, Sidonie, The New Raemon, Mastretta, The Cornelius, O’ Funkillo, Ariel Rot,  The Ellas (con Luis Tosar ao frente) e outros que, como Rio Bravo que aterraron cun camión de bombeiros como medio de transporte dende as lonxanas terras saxonas, fan desfrutar da súa música a todos os que se achegan por alí.

Conciertos en El Nautico de O Grove

Conciertos en El Nautico de O Grove

Pero non só se poden atopar concertos, senón que actuacións de Luis Piedrahita, Eva Hache ou os antigos The Magical Brothers deron o toque cómico a algunha que outra noite.

Quizáis o que máis chama a atención, é que todos, ou case todos, voltan nos veráns seguintes, xa non como estrelas do panorama musical senón como individuos que desfrutan dun ambiente,dun local, dunha paisaxe que xera proximidade, intimidade e relax e porque Miguel fai que se sintan coma se estivesen na casa e como en moitas casas, este entorno invita a poñerse a tocar de forma improvisada.

Ambiente de El Naútico durante un concerto, imaxe de Nahún García

Ambiente de El Naútico durante un concerto, imaxe de Nahún García

Porque Miguel tamén é músico, pertence a esa xeración na que se comparte oficio con Los Limones e escenario e amizade con Antonio Vega e que non ten problema en coller os seus instrumentos, xuntarse nas actuacións e colaborar cos que, a gusto, suben ao seu pequeno e baixo esceario.

Antonio Vega en “El Naútico” nun dos seus últimos concertos, Agosto 2008

Esto conséguese porque tamén o público e os camareiros, todos xa coñecidos dende fai anos, axudan a que se manteña un equilibrio, coma se de un ecosistema case inalterable se tratase.

Este ano cúmpre 20 anos ós mandos desta nave que funciona ao 100% e inda que non virán os xa clásicos do verán en cartel, si preséntannos unha proposta moi rica en contidos, incluíndo o quinto ano do Laboratorio N onde durante catro días podémonos atopar grandes sorpresas, improvisacións ou jam sessions.

Este verán xa actuaron El Gran Wyoming, por dúas veces, e o sábado pasado actuou Coque Malla, pero inda quedan, entre outros, Depedro, Andrés Suárez ou Juan Perro.

Dende as Bibliotecas Municipais  da Coruña animamos a que vos acheguedes a este recuncho especial e nós aportamos o noso gran de area co fondo musical de moitos destes autores e grupos e que atoparedes en calquera das bibliotecas do sistema.

El Naútico, Imaxe de Diego Velo

El Naútico, Imaxe de Diego Velo

Advertisements

4 thoughts on “O fenómeno El Náutico

  1. San Vicente do Mar o coñocimos coma lugar salvaxe no que o mar era todo o seu atractivo, iamos a nadar e a pescar, a praia deserta na que íamos ca pandilla, logo fixeron un porto e encheron o mar de balizas e a terra de chalets. E o tempo fixo que volva a ser só mar e música.
    ¡VIVA O VERAO!!!!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s