Lista de Reproducción Setembro: Lollapalooza

logo lollapalooza

O pasado Agosto deixounos unha nova edición do icónico festival musical Lollapalooza. Orixinal dos Estados Unidos, ofrece bandas de rock alternativo, indie, rap e punk rock; tamén hai actuacións cómicas e de danza.

Organizado en 1991 polo cantante de Jane’s Addiction, Perry Farrell, Lollapalooza realizouse anualmente até o ano 1997, e foi revivido no 2003. O festival encapsula a cultura nova dos anos 1990, algo parecido ao que Woodstock fixo nos anos 60. “Xeración Lollapalooza” é ás veces sinónimo de “Xeración X”.

concierto lollapalooza

Perry Farrell ideou Lollapalooza no festival de despedida de Jane’s Addiction en 1990. O nome significa “algo inusual e extraordinario”; Farrell escoitou a palabra nun curto de cinema dos Tres Chiflados e gustoulle como soaba.

A través de Lollapalooza mostrouse o verdadeiro poder do grunge, representado por Pearl Jam, Soundgarden, e Amorne of the Dog, entre outros. Pero unha das bandas máis icónicas do xénero, non logrou subirse ao escenario. En abril de 1994, Nirvana cancelou a súa presentación, e un día despois atopouse a Kurt Cobain morto na súa casa de Seattle. O resto é historia.

Unha anécdota: en 1996, o festival sería parodiado no que moitos consideran un fenómeno cultural televisivo: “Os Simpson” tiveron o seu propio mega evento, aínda que baixo o nome Homerpalooza, onde se presentaron Peter Frampton, Cypress Hill, The Smashing Pumpkins e Sonic Youth.

homerpalooza

Dende 2011 realízase unha versión anual en Santiago de Chile ademais da estadounidense e sumouse unha versión brasileira na cidade de Sao Paulo desde o ano 2012. Ademais confirmouse recentemente a súa versión anual en Buenos Aires, Arxentina a partir do ano 2014.

Ao longo de todos estos anos, multitude de bandas visitaron o “Lolla”. Na Biblioteca Forum realizamos unha selección musical para que poidas gozar de moitos delas: Muse, Arctic Monkeys, Black Sabbath, Coldplay, Franz Ferdinand, Keane, Lana del Rey, The Killers, Pearl Jam, Jane’s Addiction… e moitos máis! Recorda que podes levar ata 5 discos en préstamo!

l. reproduccion septiembre jpg

E mentres chega o Lollapalooza 2014… disfrutade da música!

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s