De series en V.O.S. e música en B.S.O.

Nas Bibliotecas Municipais da Coruña contamos cun amplo catálogo de cine, documentais e tamén, cada vez máis, series de televisión: Homeland, Treme, House, Misfits, Mujeres Desesperadas, Glee, True Blood, Juego de tronos, Mad Men, Allo allo, Breaking bad, The Big Bang Theory, etc

Moitas delas destacan polas estupendas interpretacións dos seus actores e actrices, polos agudísimos guións e situacións das súas personaxes ou pola música que se intercala entre as historias cobrando tanta importancia que se acaban convertendo nunha personaxe máis.

Pensastes algunha vez que sería  de Juegos de tronos, baseada nos libros de George R. R. Martin, sin a música da súa cabeceira?

Nunha serie de televisión a música sempre é importante porque complementa, afina e contextualiza a historia; mais hai ocasións en que o músico tamén participa de forma activa. Sobre todo cando fai un cameo: Will Champion, batería de Coldplay, e Gary Lightbody, cantante de Snow Patrol, xa se pasearon (de extras) por Invernalia e sentiron o frío nas súas propias carnes. Na cuarta temporada (que xa se está rodando) farao Sigur Ros. 

Se lle dades ao play e escoitades esta peza, Glósóli, poderedes apreciar que ben podería constituír a música de fondo para unha encarnizada loita dos feroces guerreiros de Daeneyrs Targaryen contra un exército inimigo, ou acompañar unhas tórridas e eróticas imaxes do rei do norte Robb Stark ou da misteriosa Melisandre.

Outra serie na que penso que a música ten unha presenza destacada é Mad Men. Unha axencia de publicidade, Sterling Cooper, situada na Avenida Madison do Nova York dos anos 60 na que se colan os hits musicais destes anos entre clientes coma Lucky Strike ou Samsonite. O resultado, unha fantástica entrega na nosa pantalla dos inicios da publicidade cunha banda sonora coetánea, onde vemos como se xestan slogans coma Gillete, lo mejor para el hombre.

Teño un recordo amargo dun dos seus momentos musicais: cando unha orgullosa, pouco conformista e inquieta Peggy Olson, tras acertar de cheo nunha das súas primeiras campañas publicitarias, sae bailar o twist de Chubby Checker e recibe en público o rechazo de Pete Campbell.

Non lle sucede o mesmo a Megan cando arranca cantarlle ao seu namorado Don Draper a mítica Zou Bisou Bisou de Gilliam Hills, cantado por primeira vez en inglés por Sofía Loren baixo o título Zoo Be Zoo Be Zoo.

Poderíamos seguir extraendo fantásticos temas das series de televisión que temos nas bibliotecas, pero vai ser mellor ir facéndoo pouco a pouco en diversos posts, se vos parece ben…

catálogo

Mentres tanto podedes consultar que series temos dispoñibles nas Bibliotecas e organizar un visionado caseiro na compañía que máis vos interese, ou facelo nas nosas instalacións, e irnos recomendando algunha peciña que descubrades.

8744131189_6921f305f0

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s