I Premios Galegos da Música “Martín Códax”

Dende este blog de Bibliotecas Municipais da Coruña adicado á música, Bibliosons, queremos darvos a coñecer e presentar a labor que está a facer a Asociación de Música Ao Vivo.

Hai 4 anos nacía  esta asociación co obxetivo de agrupar e unificar as inquietudes dos músicos de directo onde teñen cabida todos os proxectos musicais tanto de Galicia como fóra dela ou os feitos por músicos de orixe galego. Nestes días vense de presentar os       I Premios Galegos da Música “Martín Códax” convocados por esta asociación. O obxetivo destes premios é dotar de visibilidade á realidade musical galega e por en valor o potencial de creatividade que hai neste sector.

Prazos

Dende o 20 de setembro ó 20 de outubro está aberto o prazo para inscribirse nas 11 categorías diferentes: Pop, Rock, Jazz, Hiphop, Clásica, Folk, Tradicional, Músicas do Mundo, Electrónica, Infantil e Orquesta e Baile.

Quen se pode presentar ?                       

Poden presentarse a estes premios todo aquel proxecto musical galego musicas ao vivoque estea vixente en activo no ano 2013, entendendéndose como tal grupo, solitas ou colectivos que teñan a súa residencia habitual e marco de actuación en Galicia. Tamén poden participar aqueles grupos onde a maioría dos integrantes sexan galegos ou polo menos o 50%.

Non é un requisito imprescindible ter editado un disco.

A inscripción

A inscripción é libre e gratuíta dende o 20 de setembro ata o 20 de outubro. Para formalizala hai que aportar:

  • Unha imaxe
  • Unha pequena descripción
  •  Dous audios

Proceso de selección

Tal é como figuran nas bases, os socios membros da Asociación de Música Ao Vivo seleccionarán nun primeiro momento a través dun proceso de  votación online privado, na web www.premiosgalegosdamusica.com, aos 3 finalistas en cada categoría, para que nunha nova fase de votos saia o gañador de cada un dos xéneros.

O 15 de novembro realizarase a comunicación pública dos finalistas e o venres 13 de decembro terá lugar o acto de entrega no Pazo da Cultura de Pontevedra

Haberá un Premio Honorífico a toda a Carreira que se outorgará a unha figura da música galega cunha traxectoria artística e profesional que sirva de referente para as futuras xeracións.

Recorda que nas nosas Bibliotecas Municipais contamos cun amplo fondo musical onde temos representadas todas estas categorías ás que fai alusión o concurso. Comproba a disponibilidade dos discos no noso catálogo.

catálogo

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s