O club dos 27

portada-club-27 (1)

O Club dos 27: vivir rápido, morrer mozo e deixar un bonito cadáver.

Así é como se denomina un grupo de músicos que comparten unha singularidade: ter morto aos 27 anos. Non obstante, esta non é a única premisa que deben cumprir os membros do selecto Club 27, xa que para ingresar nel, o seu falecemento tivo que deberse a un exceso de drogas ou alcohol, de ambas as dúas cousas ou a un suicidio. A listaxe está composta polos seguintes músicos:

Robert Johson– guitarrista e cantante de blues (1911-1938)

Brian Jones – guitarrista e cofundador do grupo The Rolling Stones (1942-1969)

Jimi Hendrix – guitarrista (1942-1970)

Janis Joplin – cantante de rock e blues (1943-1970)

Jim Morrison – vocalista do grupo The Doors (1943-1971)

Kurt Cobain — cantante e guitarrista do grupo Nirvana (1967-1994)

Amy Winehouse – cantante de soul (1983-2011)

robert_johnson

Robert Johnson (1911-1938)

A alma por unha guitarra

Ata a vida e habilidades dalgúns grandes músicos teñen como trasfondo lendas que explicarían por que chegaron a estar nese firmamento de estrelas. Este é o caso dun dos mellores guitarristas do mundo e cantante de blues, Robert Johnson, cuxa lenda fala dun pacto co demo. A lenda di que Robert Johnson vendeu a súa alma ao demo, a cambio de tocar o blues mellor ca ninguén.

brianjones

Brian Jones (1942-1969)

El é o verdadeiro fundador de The Rolling Stones. Neses escuros e difíciles comezos o líder natural da banda era Brian, quen ademais se converteu no arquitecto do seu son e no seu primeiro apoderado. Despois de conseguir a súa primeira gravación e aconsellados polo seu novo apoderado, Jagger e Richards empezaron a compoñer xuntos. Pouco a pouco foron collendo as rendas da banda, relegando a Brian. Ao mesmo tempo, unha lea pola noiva de Brian, que acabou marchando con Richards, foi o que deu lugar ao distanciamento e ruptura de Jones coa banda. Apareceu morto na piscina da súa casa, circunstancia que aínda non foi aclarada.

jimi-hendrix-375322-e1306887309158

Jimi Hendrix (1942 -1970)

Pouco queda por dicir do que é considerado un dos mellores guitarristas de todos os tempos, se non o mellor. Cantante e compositor, Hendrix é unha das grandes influencias para calquera guitarrista que se precie non só pola súa endiañada técnica, senón tamén polo seu son psicodélico que terminou por converterse en todo un estilo musical. Unha mistura de alcohol e pastillas para durmir fixo que se afogase no seu propio vómito e o mundo da música perdese a un dos seus buques insignia.

images

Janis Joplin (1943 – 1970)

Unha das cantantes de blues por excelencia. Esta sensacional artista foi unha das voces do movemento hippie dos anos 60 e todo un icono para as mulleres da súa época polo seu carácter rebelde e as súas letras pacifistas. Morreu de sobredose de heroína. Janis foi incinerada e arroxáronse as súas cinzas ao océano Pacífico. Deixou escrito no testamento que entregasen 10.000$ aos seus amigos para que montasen unha festa salvaxe á súa morte. XENIO E FIGURA.

images (1)

Jim Morrison (1943 -1971)

O líder da lexendaria banda The Doors foi moito máis ca un cantante. Foi un poeta, un cineasta, un xenio  que fixo as veces de “mesías” para a xuventude estadounidense, á que alentou a revelarse contra o sistema. O seu corpo apareceu na bañeira do seu piso en París e o planeta enteiro chorou a morte dun dos máis grandes. “Estades a beber co número tres”. Jim Morrison, cantante de ‘The Doors’, profetizou así a súa propia morte tras recibir a noticia de que Janis Joplin acababa de falecer, 16 días despois de morrer Jimi Hendrix. Era outubro de 1970. Está enterrado no famoso cemiterio parisiense de Père Lachaise e a súa tumba é unha das máis visitadas.

kurt

Kurt Cobain (1967 – 1994)

Considerado por moitos como a última estrela do rock, o líder de Nirvana foi a cabeza visible dun movemento que revolucionou a industria e o mundo enteiro: o grunge. A súa forma de cantar e as súas letras serviron e serven de inspiración para toda unha fonte inesgotable de bandas. O seu continuo e abusivo uso das drogas apertaron o gatillo da escopeta que terminou coa súa vida deixando desamparada a toda unha lexión de seguidores.

amy_winehouse02

Amy Winehouse (1983-2011)

Dende a súa morte son moitos os que queren incluíla no “club”, Winehouse foi encontrada morta no seu apartamento de Londres á idade de 27 anos e as súas fans xa a converteron en lenda. Non diremos que a polémica cantante non tivo un gran talento para a música e cuxa curta pero exitosa carreira non influenciase noutros artistas. Non obstante, situala entre os míticos integrantes do Club dos 27 parece, cando menos, precipitado.

Estes e outros moitos artistas están esperando por ti nas Bibliotecas Municipais. Dálle ao play!

catálogo

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s