Músicas posíbeis (lidas, vistas e radiadas)

BID 

Como chega alguén de Nirvana a Negu Gorriak, de aí a Toquinho, Vinicius e María Creuza, de aí a Alcistis Protopsalti e a Nusrat Fateh Ali Khan, de aí a Os Resentidos e a La Buena Vida, a Chico Buarque e Miro Casabella e Johny Cash, de aí a Lisabö, a Uxía e a Led Zeppelin, a Calle 13 e Mencer Vermello? Respondo a partir do meu caso: curiosidade. Amor pola música. Gañas de descubrir. E as revistas, os boletíns musicais e a radio. Falamos da era pre-internet, claro. Cando mercabas un disco e o gastabas, o aprendías de memoria, pola orde das cancións. Cando agardabas co dedo índice colocado en REC a que o locutor acabase de presentar as cancións para gravar naquelas cintas reutilizadas unha e outra vez, con fixo colocado sobre a pestaña de seguridade.

Agfa_Ferrocolor_60+6_Rosie 

Seguramente na traxectoria vital de cadaquén poderiamos marcar acontecementos e datas a partir das cancións que foron banda sonora de cada tempo e lugar. Moitas das miñas chegaron da man de programas míticos de Radio 3, que aquecían os invernos ou acompañaban as tardes e madrugadas. Cuando los elefantes sueñan con la música, El Ambigú, Diario Pop, … Tamén dos boletíns que facían que coñecésemos -daquela non había internet, chavalería!- as portadas dos discos sen nunca telos escoitado. A Tipo, a Discoplay, a BID, o boletín El Sordo para os que andabamos no rollo máis punk e politizado, … E a Factory e a Rockdelux. Cos seus cedés. Que nos axudaron a descubrir grupos e cancións a eito.

12464159 

Hoxe gustaríanos propoñer que nos contárades como descubristes, en que circunstancias ou por que motivos, esas cancións e bandas que vos tocaron por dentro e vos marcaron xa para sempre.

Advertisements

2 thoughts on “Músicas posíbeis (lidas, vistas e radiadas)

  1. Eu descubrin que amaba a musica de moi neno…. escoitando o Leandro,o gaiteiro, nas feiras do Castro o dias 3 e 18 de cada mes…seguiao coma un can a todas partes en non me pasaba o tempo cando paraba pra mollar a palleta na taberna mais cercana…. despois o salto foi espectacular descubrin o rock da man de Jimi hendrix e os cartuchos que nunca se detian no coche do pai de Toño “o toupo”, un emigrante de Nova York, que trouxo o seu despanpanante aiga e con el toda a musica que se escoitaba nos barrios naquel momento…
    a o ver que me quedaba en trance escoitando, en anos posteriores trouxerome discos de vinilo que cada vez que os recordo voto a chorar por non ser quen de conservalos….e asi hasta que “o toupo” encontrou a morte ala o lonxe. Estouvos falando de finales dos 60…. desde aquela ainda que non toco ningun instrumento absorvo todo coma unha exponxa…coincido con o amigo da introduccion sinto curiosidade por todo o que sona…. e ainda que teño preferencias, interesame todo.

    • Pois é unha historia ben bonita, Ramón. Como somos capaces de amar e de nos interesar por músicas e culturas tan diversas, a comezar pola nosa propia. Obrigados polo teu comentario, e anímate se queres a contarnos máis, que quedamos coas gañas de saber deses vinilos…!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s