Calle 13, a rebeldía que se baila desde o sur d@s humildes

calle 13 bogota

Non é sinxelo que as consolidadas e mesmo intelectualizadas escenas pop, indie, rock, … admitan a calidade musical dunha proposta que chegou, no seu momento, definida coa etiqueta do reggaeton (xa sabedes, para os clasistas ese ritmo pachangueiro, populista e morrallento chegado de Sudamérica e no que se refregan os corpos sen pudor ao son de letras hipersexualizadas). Como en calquera xénero, no reggaeton hai de todo. Tego Calderón ou Calle 13 son dos poucos artistas que conseguiron nestes anos rachar os prexuízos e unir ás vendas importantes o respecto xeralizado dos prescriptores musicais. O primeiro é asiduo das revistas serias, e os segundos, como eles din, conseguiron confirmar que “nuestra disquera es la gente”.

x240-DHG

En Calle 13 a riqueza musical e a calidade, contundencia e intelixencia das súas letras fai que mesmo quen emprega subterxios para explicar o seu gusto por eles (“son máis hip-hop que reggaeton”, etc) caia rendido diante de discos como o extraordinario “Entren los que quieran” (2010) ou de temazos que removen as entrañas como “Latinoamérica”.

A armazón musical da súa proposta, que bebe de toda a música latina e se mestura sen complexos co rap, o reggae, o rock ou o pop, expande as súas letras rebeldes, poéticas e desinhibidas nas que conviven o orgullo panamericano da “Patria Grande” de Bolívar, chamamentos á independencia de Puerto Rico (actualmente territorio dos EE.UU) ou cantos á educación como arma do pobo con festivas e lúdicas celebracións do baile e do sexo.

Convertidos en ídolos no seu continente, a dimensión global de Calle 13 chega hoxe a Julian Assange, Tom Morello, o conflito palestino ou calquera outra reivindicación ou figura referente da cultura e da política mundial desde posicións rebeldes e antiimperialistas, grazas á súa estratexia de colaboración con causas diversas e de relacionamento con artistas que marcaron e marcan época no campo da música popular, como Mercedes Sosa, Inti Illimani ou Susaba Baca.

Lasca721513ff9lasca72g

Con René Pérez como letrista e frontman, portando sempre camisolas con mensaxes sociopolíticos (Fuerza Mapuche, Uribe Paramilitar, Educación Gratuíta y Pública para Todos, Puerto Rico Libre,  … ) e co seu medio irmán Eduardo Cabra como compositor e multiinstrumentista, Calle 13 eríxense hoxe na banda sonora da América Latina que camiña e se ergue orgullosa de si mesma, desde a humildade e consciencia da propia identidade.

Advertisements

2 thoughts on “Calle 13, a rebeldía que se baila desde o sur d@s humildes

  1. Pois moitas grazas pola parte que nos toca. A verdade é que si, son un grupo estupendo con moita riqueza no musical e nos textos. Seguiremos gozando deles!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s