Das Kapital, Triángulo de Amor Bizarro e Disco Las Palmeras! na lista do mellor de 2013 da Rockdelux

triangulo_de_amor_bizarro_aaron_arnan_sd

Como é habitual, a Rockdelux de xaneiro realiza análise do ano rematado e presenta as xa clásicas -e polémicas, nalgúns casos- listas do que os seus colaboradores consideran os mellores discos, cancións, videoclips, películas, … dos últimos doce meses.

Para o que nos interesa, a nova neste caso é a presenza de tres bandas galegas entre os escollidos como 50 mellores discos estatais: os boirenses Triángulo de Amor Bizarro como segundo mellor disco do ano (“Victoria mística”, Mushroom Pillow, 2013), os composteláns Das Kapital (“Grecia”, Discos da Máquina, 2013) no posto 12 e o trío de Sarria Disco Las Palmeras! (“Ultra”, Matapadre, 2013) no 42. Lonxe queda xa a escolla, no 1990, de mellor disco do ano para Os Resentidos (“Jei”, Dro-Gasa), mais neste tempo tivemos ocasión de ver aparecer tamén nas listaxes outras bandas e artistas como Ápeiron, Emilio José, Catpeople, Manos de Topo, Nadadora,

Da listaxe dedúcense, na miña opinión, algunhas cuestións de interese. A primeira, a existencia en Galiza dunha escena noise e derivados cada día máis nutrida e vigorosa (Triángulo de Amor Bizarro, Franc3s, Mequetrefe, Disco Las Palmeras!, Colectivo Oruga, …) e xa referencial no conxunto do Estado. A segunda, a boa saúde da música en galego, con propostas como Das Kapital, Ataque EscampeMalandrómeda / Fluzo ou Caxade que, na nosa opinión, resultan do máis interesante que se está a facer neste intre no conxunto da Península. A terceira, a incapacidade que novamente mostra a Rockdelux para se saír da mirada dos centros da produción musical (Madrid, Barcelona) e para atender escenas como a galega (pensemos tamén no Galician Bizarre –Novedades Carminha, Metralletas Lecheras, Carrero Bianco, Fantasmage…- ) dun xeito equilibrado a como fai coa desas cidades.

Sexa como for, o que nos debe interesar é a posta en valor da música feita desde aquí, e a enorme capacidade creativa que ferve nas nosas vilas e cidades a nivel musical. O feito de aparecen algunhas delas en listaxes estatais como as da Rockdelux, a Mondosonoro e outras semellantes non fai máis que confirmar o que resulta evidente se atendermos ao talento que os traballos dos últimos anos veñen mostrando.

 

 

 

 

 

 

Advertisements

One thought on “Das Kapital, Triángulo de Amor Bizarro e Disco Las Palmeras! na lista do mellor de 2013 da Rockdelux

  1. Pingback: Lista de Reproducción Fórum Recopilación 2013 | Bibliosons

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s