Nelson Quinteiro lanza o seu primeiro disco. Orquesta Gharbo!

thumb_200_nelson_quinteiro_orquesta_gharboNelson Quinteiro (Cangas do Morrazo, 1979) é actor, director de escena, bailarín e cantante que vive no coruñés barrio de Montealto dende vai máis de 10 anos.

Arrastra unha interesante carreira como director de teatro, sobre todo no eido do cabaré, creando o Festival Galego de Cabaré. Tamén dirixiu diferentes montaxes de cabaré e teatro de rúa coa Compañía Femme FataleCabaré3.

Podedes atopar material gráfico deste festival na Biblioteca de Estudos Locais da Coruña

No ano 2012 leva adiante a producción musical e artística do espectáculo GHARBO! en co-producción co Centro Coreográfico Galego, ao lado de varios dos músicos e bailaríns máis recoñecidos dentro da música e da danza tradicional galega Gharbo!.  Trátase dunha montaxe multidisplinar e anovadora, na que a tradición galega convive con formas musicais e de movemento contemporáneas.

Precisamente é a partir do seu traballo no espectáculo Gharbo! e noutros proxectos musicais, que Nelson Quinteiro lanza o seu primeiro disco. Orquesta Gharbo!  Disco que chega da man de Inquedanzas sonoras con nove temas nos que se atopa unha mestura de “tangos, muñeiras e pasodobles con alalás e con jotas”, segundo explica a discográfica, sen esquecer toques pop e mesmo bravú. Reinterpretacións coloridas da tradición que contan con colaboracións a cargo de Pulpiño Viascón, Silvia Penide, Diego Ameixeiras, Alex Lorenzo e o coro de homes “Os estalotes”.

O álbum, que se financiou parcialmente mediante unha campaña de crowdfunding foi gravado nos estudios da Fundación Autor SGAE de Santiago de Compostela.

A presentación oficial deste traballo será no Teatro Colón da Coruña o vindeiro 7 de febreiro. Aqui vos deixamos un adianto

.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s