Os escuros sons das Bibliotecas Municipais

Sons de madeira vella ao camiñar, escaleiras de vello que anuncian a quen sube, ou pegadas firmes no chan entre o silencio dos corredores. Son moitas as sons que debuxan o panorama auditivo dunha biblioteca, mais trazar un mapa sonoro do contido musical específico, escuro, e descoñecido, tamén é unha boa forma de dar a coñecer a cantidade de materiais diversos que pululan entre as estanterías das nosas bibliotecas.

Non somos poucxs xs que gustamos de sonoridades menos comerciales, sons escuros, sons extremos, moitas son as calificacións que se lle poden dar, paro ao final, como todo, depende da nosa propia sensibilidade o son que nos fai poñer os pelos de punta e a pel de galiña. Ao fin, do que se trata aquí é de por en valor a cantidade de documentos relacionados coa música non (tan) comercial. Desde os clásicos do NWOBHM ao black metal en estado crú de Watain, ou do metal alternativo de Tool a o post metal de Neurosis ou, os clasicazos do grindcore con Napalm Death ou do death metal co sempre incrible Clandestine de Entombed…moitas son as referencias que responden a xéneros e subxéneros do metal, tantas que poderiamos seguir perfectamente a xenealoxía que Sam Dunn fixera alá polo 2005 no documental Metal: A headbangers journey entre unha e outra das nosas Bibliotecas Municipais.

Mais non só en formato CD, senón que en formato papel podemos desfrutar de moitos dos subxéneros musicales dos que falo. É por iso que merece a pena facer a recomendación hoxe dun libro sen dúbida especial para calquera amante da música en xeral e de sons coma os descritos, fillos bastardos do heavy metal ou do punk. Metal Extremo. 30 años de oscuridad (1981 – 2011) resulta ser a resposta en formato papel de esa especie de estudo histórico-antropolóxico que Sam Dunn fixera no seu documental.

Salva Rubio traza en Metal Extremo, unha xenealoxía do metal na súa vertinte máis crúa dende as súas orixes ata os nosos días, tentando enfocala coma se dunha tese se tratara, dun xeito obxectivo e incluso instructivo, para cada persoa que quera achegarse a coñecer a infinidade de ramificacións que o heavy e o punk deron de sí. Un libro tan claro que se fora de jazz nos permitiría saltar de Miles Davis a John Zorn sen despeinarnos e entendendo as diferencias obxectivas entre a sensibilidade dun ou outro artista. E xa que este blog é das Bibliotecas Municipais de Coruña, mencionar as aportacións da cidade ao libro, con dous grupos xa referentes na escena metal underground a nivel mundial, Machetazo e Nashgul, dos que xa falamos neste blog.

Non dubidedes en botarlle un ollo a este libro, porque xs que gustedes destas texturas musicais ides gozar, e xs que queirades coñecer máis delas, ides desfrutar dunha viaxe cronolóxica e sonora espectacular.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s