Lista de Reproducción Fórum Recopilación 2013

Xa o anunciaba o noso compañeiro XC o pasado mes de xaneiro, tres bandas galegas lograron situarse entre os escollidos como 50 mellores discos estatais segundo a  Revista Rockdelux:

Na Lista de Reproducción da nosa Biblioteca do Forum Metropolitano deste mes  imos máis aló e seguimos a facer un repaso por tódalas listas publicadas a comezo de ano, xa que mal que nos pese as listas do mellor do ano convertéronse nun elemento fundamental, alimentan debates, crean negocio e fan, moitas veces, que a carreira dun artista levante vo.

Atopámonos cos galegos Niño y Pistola que continúan xogando ao despiste á hora de presentar os seus traballos. Se en Niño y Pistola as Arthur & The Writers (Ernie, 2010) inventaban ao poeta Arthur como fío narrativo do álbum, en There’s a man with a gun over there optan por unha historia do rural americano que transcorre en dous tempos co personaxe de Tom como protagonista

Galegos son tamén os Igloo, fríos por fóra pero cálidos e cheos de vida por dentro, de aí o nome. Banda formada con algúns dos ex-Deluxe, conxuga á perfección o son dunhas guitarras afiadas coa transmisión de emocións e sensacións eléctricas. No mellor do ano figura o seu último traballo 04.El conjunto vacío pero na Lista de Reproducción non nos esquecemos de discos anteriores como #2.La transición de fase onde xogan coas intensidades e as letras escuras e destacan especialmente os arranxos moi coidados que contribúen a rematar o efecto final.

E como non entre o mellor do 2013 tamén nos atopamos co gran Iván Ferreiro con Val Miñor-Madrid, Historia y Cronología del Mundo Un disco no que se reflexa a tranquilidade do proceso creativo e de gravación e no que podemos atopar as palmas e os coros de Marc Ros de Sidonie ou a voz de Julieta Venegas nunha das cancións máis redondas do disco (Alien vs Predator). Para a Lista poñemonos algo máis nostálxicos e rescatamos aquel  Canciones para el tiempo y la distancia publicado aló polo ano 2005, onde se recolle un compendio de 10 cancións compostas por el e polo seu irmán Amaro.

Pero os listados seguen e os artistas e os discos son moitos, asi que aqui vos deixamos  a nosa selección, a Lista de Reproducción co mellor do 2013, onde non faltan os últimos traballos en moitos casos pero tamén quixemos rescatar discos anteriores que nunca ven mal recordar.

Bigott – Fin, Bunbury – Hellville de LuxeDelorean – Apar, Diego el Cigala – Romance de la luna, Dorian – La velocidad del vacio, Extremo duro – Yo minoria absoluta, Fangoria – Cuatricromía, Fuel Fandango – Fuel Fandango, Igloo – #2.La transición de fases, Ivan Ferreiro – Canciones para el tiempo y la distancia, Jane Joyd – Shy little Jane Presents: so lost in this bleak winter landscape, Joe Crepusculo – Chill out, Kiko veneno – Sensación térmica, Lapido – Cartografía, Lori Meyers – Impronta, Mala Rodríguez –Malabarismos, Manel – Atletes, baixin de l’escenari, Niños mutantes – Náufragos, Niño y Pistola – There’s a man with a gun over there, Pauline en la playa – El mundo se va a acabar, Quique González – Delantera mítica, Second – Fracciones de un segundo, Standstill – Adelante Bonaparte, Tachenko – Esta vida pide otra, Triángulo de amor bizarro – Año Santo, We are standard – We are standard

Se queres levar en préstamo para a casa algún destes discos ou outros traballos dos grupos, consulta a dispoñibilidade dos materiais no Catálogo de Bibliotecas Municipais

catálogo

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s