Sabes quen son Zea Mays?

Ao se iren as neves dos meus montes / vexo o sol por detrás do pano. / Ten medo a saír, medo escénico / nesta obra que hai tempo non interpreta / Mais algunha pequena raiola aparece hoxe / e abrázame unha grande alegría. / Fai o favor, e di en alto que o inverno por fin marchou  / porque a miña alma fría aínda non o cre. 

 Acaríñame agora, entre augas azuis, / xa non hai néboa, caras espidas, 
 e ao facer o amor o grito máis alto, / crudo e interminábel, porque o inverno por fin marchou.  

 Coma os acabados de nacer, preciso latexos para ver cos ouvidos / o que os meus ollos non poden escoitar. / Fai o favor e di en alto que o inverno por fin marchou  / porque xa queimei todas as sabas.  / Un único son, no teu peito / porque o inverno por fin marchou. / Ao teu lado redondearonseme as esquinas / un raio tranquilizador / porque o inverno por fin marchou.

Con Negua Joan Da Ta (O inverno marchou) a banda bilbaina Zea Mays leva dous anos soando nas radios de toda Euskal Herria e converteuse no novo fenómeno da música en euskera.  Posibelmente, de vivirmos nun Estado máis disposto a (re)coñecer a súa diversidade interna e a ollala e a gozala desde a normalidade, serían tamén un grupo bastante máis coñecido fóra do seu ámbito lingüístico.

Zea Mays en Kukutza  

Cunha xa longa traxectoria e sete discos no haber, o punto de inflexión da súa carreira prodúcese nos últimos anos. No 2008 co éxito do tema Kukutza III, dedicada  ao gaztetxe (centro social okupado) do bairro de Rekalde, e a partir de aí con xiras internacionais e unha progresiva difusión da súa música noutros territorios, ata o suceso de Negua Joan Da Ta, con máis de 500.000 visitas en youtube e o número 1 de escoitas no myspace durante dous meses.

Neste 2014 teremos ocasión de desfrutar -e quizais de ver en Galiza- á banda cos seus novos temas, os do disco Da, producido por Dave Allen (responsábel do son de bandas como The Cure ou Depeche Mode). Dádelle unha escoita, a ver que vos parece…

Zea Mays, "Da"

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s