Mulleres coraxe: Reclamando o espazo a berros

Marc Augé falaba hai tempo dos non espazos, dos non lugares; Hannah Arendt falaba moito do concepto de existir como a capacidade de ser vistx e ouvidx para o mundo. Itziar Ziga recolleu o espazo e non esperou a ter ningunha capacidade especial porque ela xa vai con superpoderes incorporados no campo da teoría postfeminista e nin reclamou espazo ningún nin pediu permiso para falar e existir, senón que chantou nas caras de quen non quixese ver que existía, que existía un colectivo de mulleres quen de modificar o espazo ao antoxo da realidade contemporánea, unhas alquimistas do feminismo que transformaban o que tocaban en lume inspirador para todas as compañeiras que aínda dubidan en reclamar o seu (corpo, vida, independencia, igualdade real).

E do mesmo xeito sucede no ámbito musical alternativo, onde o lugar parece o máis axeitado para a existencia de toda a diversidade posíble, pero parece que sempre segue a haber certo prexuízo para un grupo de punk feito por mulleres, para un grupo electro abertamente feminista, ou simplemente que pase por riba (coma en calquera outro xénero musical) das dependencias creadas polo sempiterno director de orquestra chamado home, relegado a non ser frontman.

Moitas foron as que abriron camiño hai tempo, algunhas xa reseñadas neste propio blogue, moitas as que seguen a rachar co discurso masculinista imperante no ámbito máis coñecido e re-coñecido no panorama actual, como señalaba o compañeiro Campos hai uns días. Mais na sombra do ambiente musical de máis sona, resulta sorprendente a cantidade de grupos que concretan o seu discurso musical nunha proclama directa do seu propio espazo, diferenciado e complementario, posicionado e comprometido coa defensa dos dereitos das mulleres, da poboación LGTBQ ou coa defensa da Terra.

Grupos como as canadienses Harum Scarum ou as francesas La Fraction son case pedras chave na reivindicación punk con letras que afondan no persoal, no social , no político e posicionado abertamente:

Discursos expresados con máis ou menos intensidade na música máis actual, Trágatelo, No Statik, Criaturas, Punch… Discursos xa clásicos como Bikini Kill ou Le Tigre, expresados a ritmo de pop, rock ou con tintes electrónicos. Ou determinadas personalidades, que pola súa forza, pola súa implicación e posicionamento claro, seguen a provocar reaccións. É o caso de Nic Endo, artista comprometida desde hai anos participando do proxecto de tecno Atari Teenage Riot, que xa nacera no seu momento como resposta á crecente escea electrónica de tintes fascistas en Alemania, posicionouse desde un primeiro momento comprometida coas loitas sociales e declarando o propio grupo como antifascista, antiracista e antihomófobo. A fama que acadaron fixo que coa súa volta, as reaccións o seu discurso estiveran máis presentes que nunca.

Do mesmo xeito, cerca de nós, grupos como Obediencia, Belgrado, Accidente ou Perräs Salvajes non deixan de tocar unha e mil veces polo Estado e descendendo á escea local, Lascivos sin dúbia marcou unha etapa na escea punk cun sonido cru, garaxe e unha actitude incontestable:

E xa máis recentemente sorprende a actitude totalmente herdada do Riot Grrrl dos 90s das integrantes de Calixta, un proxecto que non deixa de rodar na escea local, cunha xira polo norte do Estado aínda recente e mesturando os ecos do grunge con rock de gusto stoner e actitude, moita actitude!

E para xs que gustedes dos sons menos accesibles, botádelle un ollo a este perfil de Tumblr, incontestable á hora de falar das mulleres no punk.

E bo día da Muller!!!

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s