Jabier Muguruza, poesía do cotiá

Jabier+Muguruza

Pensar en música en euskera é, case sempre, pensar en rock. O peso dos 80 co rock radical vasco, dos 90 coa escudería Esan Ozenki ou nos 2000 co éxito de bandas como Dut, Lisabö, Berri Txarrak, … fai que case sempre se nos veña un determinado imaxinario musical á cabeza. Mais nos diferentes herrialdes euskaldúns habitan máis músicas que os sons duros ou afiados do heavy, do rock e do punk.

Un caso especialmente significativo doutras formas de facer, preñadas de sensibilidade e talento, é o de Jabier Muguruza, músico atento á poesía do cotiá, que prefire a nudez esencial e cálida dos silencios antes que o ruído que despista e enxordece, cun pé na escrita de Bernardo Atxaga, José Luís Padrón ou Joseba Sarrionandía e co outro atento aos ritmos de Kiko Veneno, Jackson Browne ou Uxía. A súa coidada traxectoria en solitario vaise alternando con proxectos ben particulares, como Les Mecaniciens ou Joxe Ripiau, onde se achega sen complexos a outras sonoridades e discursos.

No 2013 Jabier Muguruza (irmán de Fermín e Íñigo, almas de Kortatu e Negu Gorriak) presentou Beste hogei, o seu novo traballo, con xira galega incluída. Vinte anos de carreira musical coherente e continuada, nunha aposta pola sinceridade e a sinxeleza, que nesta ocasión se volve aínda máis próxima ao jazz e aos ambientes íntimos. A música de Muguruza é a música de quen se sabe peixe pequeno no mar do convencional, e de quen aposta pola consciencia do camiño ben feito.

Se alguén, ademais de pola súa música, estiver interesado en afondar máis noutras facetas de Jabier Muguruza recomendamos vivamente tamén o libro “Encuentros con alma”, no que entrevista e conversa con artistas ben diversos e interesantes cos que o autor sente unha afinidade especial.

Na Biblioteca Ágora poderás atopar tres traballos del: Enegarren Postala, Bikote Bat e Mundo Café.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s