Xa estamos de volta! Os Xoves na Sagrada

Cartel Xoves na Sagrada 2014

Chegou o momento. O inverno queda atrás –esperamos- e a primavera xorde con todo o seu esplendor e con ela a cita ineludible neste rincón atlántico que é o barrio da Sagrada: volven Os Xoves na Sagrada!

Un ano máis, e xa van catro, desvelamos por fin, o novo cartel de Os Xoves na Sagrada 2014: un xeito diferente de vivir a música en directo.

A experiencia iniciada en marzo de 2010 consolídase xa como un referente na escena musical da cidade, onde teñen acollida grupos tanto locais, como nacionais e mesmo doutros países. Vincúlanse deste xeito a literatura, a lectura e a música, nun único espazo –a biblioteca- que serve como punto de encontro. Unha maneira máis de achegar a cultura a este barrio coruñés.

Concertos entre libros, música e literatura… Outra xeito de disfrutar da biblioteca: os xoves cada dúas semanas na biblioteca municipal Sagrada Familia.

Abrimos o 24 de abril co concerto de Fran Pérez NARF

Narf

Nelson Quinteiro acompañaranos na segunda aventura musical deste ciclo, o 8 de maio, presentando o seu último disco Orquesta Gharbo!

Nelson Quinteiro

E como broche final, Chotokoeu, o 22 de maio.

Chotokoeu

Fin de festa e punto á parte. Ameazamos con volver logo do verán!! Seguiremos traballando para encher de música e lecturas o outono coruñento.

Advertisements

One thought on “Xa estamos de volta! Os Xoves na Sagrada

  1. Pingback: Concerto de Narf en “Os Xoves na Sagrada” | Bibliosons

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s