Lista de Reproducción Forum Abril 2014: Ritmos primaverais

Xa está aquí a primavera, e despois de tanta choiva parece que o tempo comeza a dar unha tregua, comezamos por fin a ver días soleados. Días que a moitos nos apetece acompañar de música en directo e estrañamos aquela época de festivais, de ver moitos grupos en directo, aqueles que nos gustan de sempre e outros tantos que descubrimos, de desfrutar en boa compañía de bailar e de divertirse.

E precisamente esas sensacións son as que queremos evocar coa nosa Lista de Reproducción do Forum do Mes de Abril.

Madonna é sen dúbida unha desas artistas que transmite enerxía e boas vibracións, os seus estribillos soen ser destacados pola crítica como pegadizos, tal é o caso de Give Me All Your Luvin. Comercialmente o single foi un éxito, alcanzando o número un en Canadá, Finlandia, Hungría, Israel e Venezuela.

Are You Gonna Go My Way é o terceiro álbum de estudo de Lenny Kravitz lanzado o 9 de marzo de 1993. O álbum tivo unha boa acollida polos fans e polos críticos da música e ainda hoxe é considerado como un dos mellores traballos de Kravitz.

De Simply Red, consolidado como o grupo branco de Soul máis importante de Inglaterra, e con Mick Hucknall como carismático líder, cantante e compositor, destacamos Stars, o seu cuarto disco cheo de temas exitosos.

E sen entrar no debate de plaxio ou non, o certo é que nesta Lista que pretende dar pulos e encher de boas vibracións non podía faltar Viva la vida de Coldplay. Violoncelos, violas, violíns que perseguen frases sinxelas pero efectivas. O piano nun segundo plano, timbais, sintetizadores… os coros… Un subidón, un Viva a vida!

Aqui che deixamos a Lista completa para que a escoites, a sintas, e a desfrutes.

ABBA – GOLD – Promo 2012, American Skin – 41 Shots, Billy Joel – The Stranger, Blondie – Heart Of Glass, Bon Jovi – Always, Coldplay – Viva La Vida, David Bowie – Pablo Picasso, Dire Straits – Tunnel of Love Music Video, George Harrison – Love Comes To Everyone, James Blunt – Face The Sun, Jamie Cullum – Edge Of Something, Lenny Kravitz – Are You Gonna Go My Way, Madonna – Give me all your Luvin, Marvin Gaye – Mercy, Mercy Me, Phil Collins – This Must Be Love, Psychologial – Pet Shop Boys – Cubism, QUEEN – Crazy Little Thing Called Love, Rod Stewart – Crazy About Her, Seal – Right Life – Domingão do Faustão, Sgt. Pepper’s Lonely Hearts Club, Band – The Beatles, Simply Red – Stars, Something To Do-Depeceh Mode live, Supertramp – Goodbye stranger, The Jackson 5 – Ready or not (Here I come), Tracy Chapman – Baby Can I Hold You (1998), Zucchero – Eric Clapton (Wonderful World)

 

Lembra que se queres levar en préstamo para a casa algún destes discos ou outros  podes consultar a dispoñibilidade dos materiais no Catálogo de Bibliotecas Municipais

catalogo

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s