Concerto de Narf en “Os Xoves na Sagrada”

Concerto Nar Os Xoves na Sagrada“Cancionista”, así gusta definirse Fran Pérez “Narf”, o músico que abre unha nova temporada do ciclo de música entre libros Os Xoves na Sagrada. Compositor e cantautor, destacado pola súa interpretación vocal e á guitarra, reparte a súa actividade entre o teatro e a música.

As súas orixes están moi vinculadas ao teatro: foi un dos fundadores da lexendaria Sala NASA de Compostela e interpretou obras coa compañía Chévere e co Centro Dramático Galego. O seu compromiso para a creación de música para o teatro galego independente levouno a colaborar con compañías como Mofa e Befa, Belmondo ou os portugueses Trigo Limpo teatro ACERT. Recibiu o Premio María Casares á mellor música en cinco ocasións e o premio da crítica de Barcelona ao mellor espectáculo musical do ano pola ópera en galego “Annus Horribilis”.

Musicalmente os seus inicios están ligados a grupos como Os Kinindiola, Nicho Varullo ou a Psicofónica de Conxo. Está especialmente vinculado ao mundo musical lusófono, inda que se aprecian influencias brasileiras, africanas, árabes ou mesmo flamencas.

Levou a súa música por moitos festivais e escenarios de todo o mundo: Londres, Salvador de Bahía, Sao Paulo, Portoalegre, Niteroi, Recife, New Casttle, Brighton, Rio de Janeiro, Buenos Aires, Sevilla, Nova Delhi, Katmandú, Maputo, Varsovia, Cracovia, Bissau, Mindelo, Lisboa, Madrid, Barcelona…

O seu último traballo, “Nas tardes escuras”, publicado no 2013, coincidindo co 150 aniversario da obra “Cantares gallegos”, está dedicado precisamente á Rosalía de Castro e nel afronta a súa poesía desde unha perspectiva rockera. Foi precedido de “Aló irmao” (2010) con Manecas Costa, “Tótem” (2007) e “Directo en Compostela” (2003). Estes traballos tédelos dispoñibles nas bibliotecas municipais da Coruña.

O concerto de Narf, dentro do ciclo Os Xoves na Sagrada será o vindeiro xoves 24 de abril, ás 19:30 h

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s