Escuchando Elefantes

Escuchando Elefantes son Silvia Rábade e Carlos Tajes.O nome vén da súa canción favorita e precisamente cando a compuxeron estaban a escoitar Elephant, de Damien Rice, asi que dalgun xeito está ligada.

Este dúo coruñés leva varios anos tocando nas rúas da nosa cidade. Foi aí precisamente onde eu os coñecin por casualidade aló polo 2011 nun concerto improvisado na Praza de Lugo. Nada máis escoitalos chaman á atención polo ben que soan, cun estilo que recorda aos mellores grupos de folk-rock.

escuchando elefantes _web_music_video

Unha das máximas que seguen nos seus concertos na rúa é o de non facer unha lista de cancións, senón ir elixíndoas do seu repertorio “segundo as caras que vai poñendo a xente”, é iso precisamente o que máis lles gusta deste particular escenario, o efecto sorpresa.

A liña musical de Escuchando Elefantes vén marcada pola música que escoitan habitualmente os seus compoñentes. “Sempre me gustou a música dos sesenta e dos setenta que é a que sempre escoitou o meu pai”, explica Silvia. Carlos cita a The Band e The Frames como dous dos grupos que son unha referencia fundamental para o grupo.

Un dos momentos que marcou a traxectoria do grupo foi cando o músico irlandés Glen Hansard, un dos compoñentes do dúo The Sweel Season, os invitou a subir ao escenario do teatro Victoria Eugenia de San Sebastián e tocou xunto a eles nun concerto. Hansard vira a Silvia e Carlos cantando na rúa e gustoulles tanto a súa actuación que cando os viu como público no teatro non dubidou en dedicarlles unha canción e facelos subir ao escenario.

O feito de sacar disco Show & Tell co que levan xirando un par de anos cambiou moito para eles e agora os bolos multiplícanselle, chegando a ter que escoller pero nos  que prima por riba de todo a calidade que buscan.

Na actualidade atópanse en plena xira de presentación do seu novo single “Garden’s Road” que formará parte do seu próximo álbum. Poida que os seus traballos non cheguen nunca a milleiros de copias, ou se cadra si, pero coido que merece moito a pena escoitalos.

Na súa web tes toda a información das súas próximas citas.

 

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s