Chotokoeu nos Xoves na Sagrada!

Chotokoeu

Chega o verán, ese desexado verán, pero con ese sabor agridoce que supón que rematen os concertos da Safa ata a próxima tempada!

É que mellor maneira de finalizar coa alegria, a enerxía e ambiente festivo que nos transmite Chotokoeu.

A banda, nacida na Coruña no 2007 leva xa varios anos formando parte da escena festivaleira galega. Mais non se conforman con isto: catro xiras polo norte de europa e máis de 150 concertos en salas, festivais e rúas de sete países, compartindo escena con artistas como Ojos de Brujo, La Pegatina, Capleton, Shantel, Michael Prophet… fan pensar que a estes rapaces non hai quen os pare!!

A súa proposta musical, que naceu do seu amor pola percusión, mestura sons que van dende a música tradicional galega ao balkan ou mesmo influencias electrónicas.

Veñen de gravar o seu primeiro disco de estudo, a través dun proxecto de crowdfunding, que lles achegou o orzamento necesario para meterse no estudo. O disco conta con quince cortes que viaxan polos diferentes estilos que definen a heteroxeneidade de Chotokoeu.

Dende hai uns meses levan adiante un proxecto acústico paralelo, La Patxaranga, que nace para poder actuar en salas pequenas e na rúa sen ter a necesidade dos medios técnicos e o espazo que require o espectáculo de Chotokoeu.

Disque a danza e un dos medios de expresión que se ten utilizado para simbolizar as crenzas, as esperanzas e as rebeldias. Tamén din que non se coñece a ninguén que non teña bailado nun concerto de Chotokoeu. Valo perder? Este xoves, día 22, na biblioteca municipal Sagrada Familia a partir das 19:30 horas.

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s