A procura constante do Doctor Deseo

1015066_doctor_deseo_foto610x342   _MG_7796

Se La Polla Records, Kortatu, Hertzainak, Eskorbuto, … constituíron desde o selo Oihuka o núcleo do que nos 80 se deu en chamar rock radikal vasco, coa súa aposta pola contundencia política e musical máis punk e deslinguada, como denominar o que nese contexto tan complexo comezaron a facer os hoxe veteranos Doctor Deseo, acedos e incisivos coma poucos…? Pop radikal vasco, quizais?

Perdóese a brincadeira, mais enténdase tamén na necesidade de buscar puntos de referencia para un grupo fuxidío e inclasificábel en exceso para as tranquilizadoras etiquetas que estamos afeitos a coñecer. Cunha lírica con reminiscencias aos Extremoduro, mais cunha marcada identidade vinculada ao seu Bilbao natal, a aposta de Doctor Deseo é, nas súa propias palabras, “tenrura brutal, erotismo e elegancia”. Non hai neles tópicos ñoños e si aposta valente e consecuente pola vida no fío da coitela, causa de pracer mais tamén de dor. Pola busca, en fin, da beleza, a sabendas de que non é sen custes, nin pode selo.

 

 

Doctor Deseo comezan a súa extensa discografía no ano 1987, co disco homónimo. Durante anos sobreviviron no panorama musical tan proclive ás modas, non sen dificultades para seren comprendidos e escoitados, mesmo na propia Euskadi. Non eran da movida nos 80, nin indies nos 90, nin de ningunha escena particular en ninguna época. Simplemente mantiveron a súa aposta, desde a constancia e a convicción no seu discurso, para ir gañando un público fiel que aos poucos foi medrando co boca a boca e cuns concertos que sempre prepararon -e preparan- de xeito especial… cabareteiros, ambigüos, coa característica liga vermella nas coxas, luvas negras e beizos pintados, porque actuar é tamén crear fendas temporais na normalidade e ofrecer un espazo de ruptura coa mesma.

Doctor_Deseo-Busco_En_Tus_Labios_Lo_Mejor_Del_Deseo-Frontal  doctor_deseo_01

Case 30 anos despois, hoxe son unha banda respectada e querida tanto en Euskal Herria como fóra dela, cunhas letras ácidas que non foxen nin da política (““estúpidos vendedores de humo / payasos con trajes de lujo / niños perversos que se han creído que el mundo es el lugar de juego de su vanidad / cuantos corazones rotos, / cuantos más fuera de uso / es buen momento de abrir las ventanas / huele fatal en el país de la abundancia”) nin das relacións afectivas máis complexas -e por iso, reais-, nas que decote a paixón e a tenrura acaban por ser as chaves que nos salvan da dureza do cotiá.

 

 

Neste 2014 veñen de editar un compilatorio (Busco en tus labios. Lo mejor del Deseo) que resulta un eficaz e útil exercicio de memoria e achegamento á vida deste grupo recomendábel, esixente e distinto, contraditorio e afastado dos hábitos da mercadotecnia. Na propia folla de promoción explican os motivos: “Doctor Deseo ha grabado más de 120 canciones y sabe que no puede saciar totalmente a su variopinto público. Este disco es el disco que gustaría oir a los mismos Doctor Deseo si tuviesen que hacer una selección de temas”. Animádevos ao descubrir…

 

 

 

 

 

 

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s