Noodles de polo ao curri, por Franz Ferdinand

Que ten que ver Franz Ferdinand cunha receita de polo ao curri? Cocina indie: recetas, dibujos y discos para gente diferenteDálle ao play con “Do you want to” do disco You could have it so much better. Cando sonen os primeiros acordes estarás preparado para empezar a elaborar esta receita para 2. Esta noite triunfas! Pon a cocer os noodles nunha pota con auga fervendo, sal e 1 folla de laureiro. Se che gusta que teñan un toque mediterráneo, bótalle unha gotiña de aceite de oliva. Deixa que ferva durante 4 minutos. Trocea o polo en dados. Canto máis pequenos os fagas, mellor che quedará ao servir. Nivelazo! Agora fríteos. Trocea a cebola e os allos e bótaos sobre o polo. Mézclao co curri e sube o volume da música! Para servilos, só precisas un prato no que botar o polo e as verduras espolvoreados con brotes de soia.

No libro “Cocina indie: recetas, dibujos y discos para gente diferente” propóñennos un novo método para marcar os tempos de cocción ou fritura na elaboración dos nosos pratos: a duración das cancións que nos van suxerindo que escoitemos ao tempo que realizamos cada paso das receitas. Cocina indie: recetas, dibujos y discos para gente diferente Ven á biblio, lévao en préstamo e descubre a receita que une a Vetusta Morla coa pescada ou a The Smiths cunha tempura de pementos…

Advertisements

2 thoughts on “Noodles de polo ao curri, por Franz Ferdinand

  1. Un bo regaliño que me fixeron hai un tempo e que agora teño como recetario de cabeceira. Receitas prácticas, sinxelas e aderazadas con boa música, pódese pedir máis?

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s