Lista de Reprodución Forum Xuño 2014: preparándonos para os festivais

Para comezar ben a época estival queremonos ir preparando para a multitude de festivais que se aveciñan sen sair das nosas fronteiras. Por iso na Lista de Reprodución da Biblioteca Forum Metropolitano  facemos un pequeno recopilatorio dos mellores traballos de moitos dos grupos dos que poderemos desfrutar nos escenarios este verán.

festival-940x277

A Romaría Pop 2014 volta coa súa terceira edición o vindeiro 14 de xuño. O evento, organizado por Desconcierto Cultural en colaboración co Concello de Santiago de Compostela, é xa unha referencia no calendario de festivais galegos pola súa aposta como espazo de convivencia e encontro para todo tipo de público coa música feita en Galicia coma eixo vertebrador. Ademáis dunha boa representación do mellor da escena independente galega, que fará as delicias dos máis melómanos, a Romaría plantexa outras opcións de ocio coma unha sección adicada a restauración tradicional e contemporánea, unha feira de roupa e vinilos, presentacións culturais e como non, as xa populares actividades orientadas aos romeiros cativos coma os obradoiros musicais infantís. Poderemos desfrutar entre outros de Niño y Pistola co seu estilo folk-rock americano de corte clásico próximo a bandas como  Crosby, Stills, Nash and Young, The Band ou The Byrds.

20 bandas conforman o cartel da próxima edición do Derrame Rock, que se celebrará no recinto de Expourense os días 20 e 21 de xuño e onde ademais da zona de concertos habilitaránse zonas para o ocio, con mercados e zonas de descanso… Entre as bandas confirmadas atopamos a Barón Rojo, Loquillo ou o polifacético Miguel Costas, ex-guitarrista de bandas como Siniestro Total, Aerolíneas Federales e Los Feliz.

Despois de 13 anos celebrándose na localidade arousana de Vilagarcía de Arousa, o xa clásico Festival do Norte trasládase á paradisíaca Illa de Arousa os días 3,4 e 5 de xullo e conta no cartel con nomes da talla dos granadinos Lori Meyers ou a dozura de Russian Red que nos últimos anos se convertiu nunha das artistas máis significativas do panorama español que conta no seu haber co Premio MTV Europa ao Mellor Artista Español.

A terceira edición do festival Portamérica terá lugar os días 17, 18 e 19 de xullo no Porto do Molle, Nigrán, e inclúe unha coidada selección de artistas de primeiro nivel de toda España, Europa e Latinoamérica. O resultado son tres días de música independente, que ondula dende o pop máis melódico ao rock puro de guitarra, o punk ou o son electro. Entre os artistas confirmados atopamos, entre outros, a Niños Mutantes, Andrés Calamaro, Iván Ferreiro, o pop psicodélico de Sidonie ou os coruñeses Triángulo de Amor Bizarro que parten entre os favoritos para os Premios da Música Independente, nominados a mellor artista, álbum do ano por ‘Victoria mística’, canción do ano por ‘Estrelas místicas’, mellor directo e mellor artista Raio 3

O festival de hardcore e punk Resurrection Fest 2014 terá lugar os días 31 de xullo, 1 e 2 de agosto na localidade de Viveiro. Edición tras edición o festival foi medrando ata consolidarse como o maior festival de hardcore/punk e metal de toda a península. As expectativas para a edición de 2014 son de novo moi altas e o cartel contará cos nomes máis importantes e multitudinarios dentro do xénero, entre estes nomes destacan por exemplo a banda española de thrash metal Angelus Apatrida.

E como non volve o Brincadeira Festival. Sen dúbida o festival máis divertido do verán que se celebra os días 7, 8 e 9 de Agosto en Santiago de Compostela (Monte do Gozo Norte). A capital galega acollerá a raíña da música disco por excelencia Gloria Gaynor, así como a multitude de artistas diferentes, Fangoria, Fuel Fandango, Arizona Baby ou Ruxe Ruxe.

Sen embargo teremos que agardar a setembro para gozar, na localidade coruñesa de Boimorto, da terceira edición  do Festival de la Luz que busca multiplicar o seu impacto, a súa capacidade de influencia e as súas propostas pola innovación. O compositor, productor e músico bilbaíno Kepa Junkera, Antonio Orozco e Uxía Senlle están entre os artistas confirmados.

Aquí vos deixamos a Lista de Reproducción completa do noso particular repaso polos festivais que nos esperan, para que vos vaiades poñendo a tono e non vos pillen despistados co que está soando:

Angelus Apatrida – The call, Andrés Calamaro – La lengua popular, Antonio Orozco – CadizFornia, Baron Rojo – Volumen Brutal, Barricada – Bésame, Corizonas – Estudios y baladas, Delorean – Apar, Fangoria – Del vodevil a la astracanada …, Fuel Fandango, Iván Ferreiro – Confesiones de un artista de mierda, Kepajunkera – Folk, Lori Meyers – Impronta, Los Suaves – Maldita sea mi suerte, Mark Lanegan Band – Blues Funeral, Miguel Costas – Condenado a Costas, Niño y Pistola – There`s  man with a gun over there, Niños Mutantes – Náufragos, Russian Red – Fuerteventura, Ruxe Ruxe – A terra dos comentos, Second – Fracciones de un segundo, Sidonie – El incendio, Stereotipos, Triángulo de Amor Bizarro – #Año Santo, Uxía – Eterno navegar, Vetusta Morla – Un día en el mundo, We are Standard

E lembra, se queres levar en préstamo para a casa algún destes discos ou outros traballos destes músicos, consulta a dispoñibilidade dos materiais no Catálogo de Bibliotecas Municipais.

catálogo

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s