Días e noites de amor e guerra: #LeConOrgullo

Un ano máis, as Bibliotecas Municipais da Coruña queren conmemorar o que foron, como decía Galeano, días e noites de amor e de guerra. No 1949, os disturbios froito da persecución policial a lesbianas, gais, transexuales, bisexuales ou calquera outra manifestación de xénero no barrio do Greenwich Village Neoiorkino, marcaron un antes e un despois nas loitas sociales. O 28 de Xuño de 1949, arredor do Stonewall Inn, famoso por ser lugar de reunión para todo un colectivo silenciado, discriminado e atacado física e verbalmente, esbouraron cristais e voaron pedras lanzadas sobre tacóns.

Os disturbios de Stonewall marcaron o comezo da reivindicación nas rúas do colectivo LGTB, que adoptou tal data como día de celebración do coñecido orgullo, un orgullo similar ao de clase, marcado pola unión colectiva de persoas diversas baixo unha única meta, terminar coa homofobia que tiña sido, era e sigue a ser obxecto de burla, descreto, agresión verbal, agresión física ou, en países como Uganda e Rusia, persecución e morte consentida polo goberno.

Nas Bibliotecas Municipais, abrimos hoxe o noso propio mes LGTBq, As Municipais Entenden, para amosar a diversidade que nelas existe, a diversidade de usuarixs que cada día se achega á súa biblioteca máis cercana, a diversidade de bibliotecarixs que conforman o conxunto de traballadorxs e a diversidade de intereses que moven os mecanismos dxs que nelas traballamos. E Bibliosóns, claro, aposta pola diversidade no eido musical!

É precisamente a diversidade o que leva a abrir as publicacións LGTBq deste ano cuha referencia á diversidade diversa, redundando, claro. Facendo fincapé na q de LGTBq. Queer, esa palabra que resoa no subconsciente de tanta xente despois do éxito masivo da serie Queer as folk, e que aínda sen ser de todo comprendida, xa e familiar dentro de moitos contextos. E dentro da música alternativa, o queercore ven sendo un conxunto de estilos que van desde o rock alternativo ao punk máis rabioso, no que o seu fío conductor non é outro que a intencionalidade política.

Se durante a década dos 80, o boom da música estereotipada como gay tomou forza, nos primeiros 90 xorderon dúbidas respecto da imaxe que ese concepto daba da poboación LGTBq en xeral. A figura do home de mediana edad, con éxito laboral, un status económico medio/alto e blanco, fixo que moitas persoas, moitas e diversas, cos seus diversos estilos de vida, coas súas diferentes historias personales, laborales, económicas, etc, deran forma a unha nova expresión musical caracterizada por empregar o termo que viña de ser reclamado neses primeiros anos da década por parte dos colectivos de LGTB, o termo queer co seu significado orixinal, marica, bollera, maricón, sarasa ou calquera outro apelativo que se vos ocurra deses que todos temos na cabeza grazas á nosa ampla bagaxe lingüística en diferentes idiomas.

Así que para celebrar toda esa diversidade, decidimos non facer máis literatura do termo e directamente agasallarvos cunha mostra na Radio Bibliosóns, para que descubrades, desfrutedes, ou simplemente botedes unha ollada a un panorama diverso que alterna entre o punk máis crú actual de Limpwrist e o punkrock alternativo de pionerxs como Pansy Division. Xa sabedes, #asmunicipaisentenden e se o noso lema é #LeConOrgullo, neste caso podedes escoitar con orgullo tamén.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s