Fogbound

Unha das moitas razóns para asistir á Romaría Pop que o pasado sábado 14 de xuño se celebrou en Compostela era precisamente para velos a eles en directo, pero o desexo viuse truncado por motivos de última hora causando baixa no cartel asi como tamén na final da selección de teloneiros do Noroeste Pop Rock 2014. Estou a falar de Fogbound, unha xove formación coruñesa de clara orientación sixties e psicodélica a quen a crítica coloca xa como unha das novas bandas estatais máis sorprendentes que se pode escoitar ultimamente.

fogbound

Fabio Mahía (guitarra e voz), Borja Fernández (baixo), Fernando Vilaboy (Hammond) e Adrián Seijas (batería) formaron a banda a comezos do 2012 versionando coñecidos temas de bandas “freakbeat” británicas e pasaron despois á creación das súas propias cancións. Os membros son músicos con talento demostrado, procedentes de formacións como Wolrus, Misterioso Viaje a Holanda ou Elephant Band. Como selo de identidade está unha gran creatividade xunto cos perfectos acabados, unha gran voz e por suposto os efectos dunha guitarra psicodélica cos que son capaces de trasladarnos a outras realidades máxicas.

No seu bandcamp informan que o seu single ‘Whispering Corridors‘ saiu, en formato 7”, en 1967, Fogbound non veñen do pasado aínda que participan dun ideario que os sitúa como revivalistas (sen ningún ánimo pexorativo) dun tempo histórico básico para entender a música de hoxe en día.

No 2013, contando un ano como formación, gañan a II Batalla de Bandas do Euroyeyé, e son chamados a participar no Purple Weekend. O próximo agosto estarán no XX aniversario do Euroyeyé en Xixón da man de Jorge Explosión, encargado da súa primeira gravación nos estudios Circo Perroti, o vinilo resultante leva o selo de Sunny Day Records e ven de colgar o cartel de ESGOTADO.

Se quedas con gañas de máis, podes escoitar o resto de temas en Soundcloud e unha pequena entrevista que lle fixeron no programa Zig Zag diario da Televisión de Galica aqui.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s