Lista de Reprodución Forum Xullo 2014: Música para viaxar

Coma cada ano, coa chegada do verán, o CMIX Centro Municipal de Información Xuvenil da Coruña pon en marcha a campaña Móvete’14 e a Biblioteca do Forum Metropolitano acompañaa poñendo á vosa disposición a mostra bibliográfica “Viaja con nosotros”, na que encontraredes multitude de películas e novelas que vos farán viaxar a maravillosos lugares e guías de viaxe que poderedes levar aos países que vos fixeron soñar as novelas.

A música poñémola na nosa Lista de Reprodución do mes de Xullo, para que non vos aburrades durante a viaxe. A música é un elemento tamén imprescindible á hora de facer as maletas. Unha boa selección para escoitar no coche mentras conduces, vas no avión ou namentras saboreas un refrescante xeado na praia fará que goces das vacacións con outro ritmo.

Wake Up (Espertar) é unha canción da banda de indie rock canadense Arcade Fire. Foi o quinto e último single do álbum debut da banda, Funeral, lanzado en setembro de 2004. E pese a que o título foi elixido debido ás numerosas mortes de parentes dos membros do grupo durante a gravación a canción e todo o disco transmiten forza e enerxía a rabear.

Os ingleses Arctic Monkeys son xeralmente considerados como parte da escena post punk revival. Whatever People Say I Am, That’s What I’m Not, o seu primeiro traballo, converteuse no álbum debut coas vendas máis rápidas na historia da música británica. E dende esta Mardy Bum (do 2005) até hoxe moito teñen evolucionado pero sempre coas guitarras e o son agudo como elemento distintivo.

Delorean téñeno todo da súa parte, merecidamente. Cancións como Seasun están en sintonía co que se fai fóra: loops, melodía house, festa e demais ingredientes para un novo verán do amor acompañado de outros alicientes non sempre correctos. Indie-house, liñas de teclado e de sintetizadores gloriosas e moi, pero que moi “bo rollo”. Non esquezas botarlle un ollo porque poida que os atopes en calquera festival xunto aos tamén cataláns Dorian.

El futuro no es de nadie é o segundo traballo de Dorian. Inclúe a Cualquier otra parte, luminoso hit electropop de fina produción, cuxa letra e melodía é capaz de meterse nas entrañas de calquera. A Cualquier otra parte é no fondo unha canción de amor e droga porque en realidade hai algo que salvar, non algo que perder, e con esa mensaxe positiva é coa que nos queremos quedar.

Know your enemy (Coñece ao teu enemigo) é unha canción escrita e gravada pola banda estadounidense de punk rock Green Day da que a revista Rolling Stone expresou que a canción é un dos momentos culminantes do álbum e foi a primeira en estar no posto número un na lista de Billboard Rock Songs.

Pero na selección, como é lóxico,  tampouco nos esquecemos doutros grandes clásicos que non poden faltar coma David Bowie, os Kiss, o xefe co seu Born in the U.S.A., ou calquera disco dos Beatles. E se a isto lle engadimos o bo espíritu festeiro dos mexicanos Café Tacvba, dos maiorquíns La Gran Orquesta Republicana e os temazos da Fundación Tony Manero capaces de levantar calquera festa, o resultado é do máis variado e completo, para que te relaxes, desfrutes e volvas coas pilas ben cargadas.

Aqui vos deixamos a Lista completa e non esquezas pasar pola biblioteca antes de pechar a maleta.

Arcade Fire – Funeral, Artic Monkeys – Whatever People Say I Am, That’s What I’m Not, The Beatles – 1962-1966, The Black Eyed Peads – Elephunk, M, Aretha Bob Dylan – Love and Theft, Bowie – Diamond Dogs,  Bruce Springsteen – Born in the U.S.S, Café Tacuba – Un viaje, David Guetta – Nothing but the beat, Delorean – Ayrton Senna, The DoorsDorian – El futuro no es de nadie, Elvis Costello – National Ransom, Eminem – The Eminem show, Fundación Tony Manero – Sweet Movimiento, Gotan Project – Tango 3.0, La Gran Orquesta Republicana – Abrazos, Green Day – Uno, Guns’n Roses – Appetite for Destruction, Kings of Leon – Only by the night, Killers – Live from the Royal Albert Hall, Kiss – The very best of Kiss, Lana del Rey – Born to die, Macaco – Puerto presente, Muchachito Bombo Infierno  – Vamos que nos vamos, The XX – Coexist

 

Advertisements

2 thoughts on “Lista de Reprodución Forum Xullo 2014: Música para viaxar

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s