FUC, FIRC e FEC

Fuc-Firc-Fec-2014-Agosto-A-CorunaAs festas non rematan e a música tampouco. Despois do Noroeste Pop Rock e dos moitos concertos na Praza de María Pita, agora o escenario sitúase no Parque de Santa Margarida que se vai converter no epicentro galego da música alternativa durante tres días, 21, 22 e 23 de agosto.

Tres días nos que se celebrará o Festival FUC, FIRC, FEC 2014 organizado polo colectivo Fanzine Project e co apoio do Concello da Coruña. Un festival con tres estilos ben diferentes: rock, urbano (rap e hip hop) e electrónico e que xa vai polo seu quinto ano.

FUC (Festival Urbano Coruñés)  de rap e hip hop, o 21 de Agosto 19:00 a 00:00

  • C. Terrible
  • Norweside
  • Elecesar
  • ill Bambinos
  • Arce
  • BartonKidz
  • Bobeh

mc C.Terrible presenta BURUNDANGA, o seu novo traballo con LNS na produción. Trátase dun álbum composto de 14 tracks inéditos, no que aparecen dúas colaboracións da man de NY & Ihon (MDE Click) e Dano(Ziontifik).

No escenario estarán tamén Norweside, un selo local baixo o que se aglutinan diferentes estilos de hip hop, o vigués ELECESAR, os cataláns Ill Bambinos, os composteláns ARCE e Barton Kidz, e Bobeh.

FIRC (Festival Independente de Rock Coruñés) 22 de Agosto 20:00 a 02:00

  • Hamlet
  • Bastards On Parade
  • Unicornibot
  • Guerrera

O metal virá da man dos madrileños Hamlet trala súa evolución de estilos ao longo dos anos. Bastards On Parade encherán o escenario de punk folk. Ritmo, guitarras potentes e virtuosismo instrumental será o que acompañe aos pontevedreses Unicornibot. E os tamén galegos Guerrera traerán, como eles mesmos se definen “Psico-Blues-Rock profundo e enérxico”.

FEC (Festival Electrónico Coruñés)  23 de Agosto 18:00 a 03:00

  • Fairmont
  • The Frogmen
  • Hd Substance
  • Hoax Believers
  • The Panic Room
  • Roi
  • Lefrenk
  • Diego Villa
  • Parasit Vj + Vj Ram

Para pechar o festival, o sábado será a quenda da música electrónica. O canadense Fairmont, ou o que é o mesmo Jake Fairley de seguro que envolverá o Parque de Santa Margarida nun ambiente cálido e máxico provocado polo techno funk suave dos seus directos.

Tamén poderemos desfrutar de HD Substance que tras máis de vinte anos formando parte activa da escena electrónica mundial, máis de 30 Ep’s editados en selos de todo o mundo, segue sendo figura de referencia da escena techno española.

O resto de cartel completano The Frogmen e outros Dj´s entre os que se atopan  Hoax Believers, The Panic Room, Roi, Lefrenk, Diego Villa, Parasit VJ, e VJ Ram.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s