Rodrigo Leão, a paixón na busca de camiños

 

descarga

Falar de Rodrigo Leão é falar dun dos músicos e compositores máis importantes das tres últimas décadas a nivel global. Portugués de Lisboa, do 64, a súa paixón pola procura de sonoridades que conxugan elegancia, clasicismo, emoción e experimentación está presente no conxunto da súa carreira, marcada por tres elementos centrais: a banda de rock Sétima Legião, o grupo Madredeus e a súa propia traxectoria en solitario.

O propio autor concibe a súa obra “como um filme ou um livro com diversos capítulos, mas sempre com ligação entre eles. Mesmo no princípio da Sétima Legião fazia coisas que ainda hoje repito». A continuidade e a visión de conxunto mantense, para alén de pola evolución creativa, pola intencionalidade de anovación e búsqueda.

RodrigoLeaokleiner RODRIGOLEAOVOXENSEMBLEAVELUNDILUMINARREIISUE setimalegiao_mardoutubro  0a

A súa primeira aventura musical foi a banda Sétima Legião, vento fresco e moderno na cena musical portuguesa dos primeiros 80.  «A Sétima Legião traduzia as influências não só de Manchester, mas também da Galiza, por exemplo, e nisso talvez tenhamos sido diferentes», afirma o compositor. O primeiro single do grupo, “Glória”, con letra do novelista Miguel Esteves Cardoso, converteuse axiña nun éxito do rock portugués e a banda conseguiu un enorme éxito co seu disco A Um Deus Desconhecido. Continuadores deste serían Mar D’Outubro (87), De Um Tempo Ausente (89), O Fogo (92), Auto de Fé (94) e Sexto Sentido (99), nunha carreira que conseguiu equilibrar os favores do público e o respeito da crítica.

 

 

Paralelamente á Sétima Legião, Rodrigo Leão funda con outra figura fundamental da música portuguesa, Pedro Ayres de Magalhães, a banda Madredeus, que acabará por ter éxito internacional. A formación, un claro paso adiante na evolución musical de Leão, estréase no 1987 co duplo Os Dias da Madredeus. Seguirano os elepés Existir (90),  O Espírito da Paz (94) e Ainda (95). Este último será o derradeiro do grupo no que Rodrigo Leão participe, un disco vinculado ao director de cinema Wim Wenders como banda sonora do seu filme Lisbon Story.

MADREDEUS foto

Madredeus foi sen dúbida a banda máis importante da música portuguesa e o seu referente máis internacional despois de José Afonso e Amália Rodrigues. A tradición do fado e as sonoridades acústicas máis contemporáneas acompañaban e envolvian, nos seus temas, unha das voces máis fermosas do panorama actual, a de Teresa Salgueiro.

 

Ao tempo que compaxinaba inquedanzas musicais con Sétima Legião e Madredeus o compositor lisboeta mostraba o seu desexo de evoluír artisticamente e lánzase en solitario no ano 1993, co disco Ave Mundi Luminar. A súa carreira é, a partir dese momento, un percurso de investigación e recreación con momentos de aposta por sonoridades e imaxinarios clásicos, introspectivos, de certo misticismo, e outros de carácter máis dialogado con territorios musicais coma o fado, a bossanova ou o tango.  O seu interese polo cinema e pola literatura fica patente tamén en proxectos como Os Poetas, o audiovisual Portugal – Um Retrato Social ou o disco Cinema. As súas colaboracións no plano internacional con figuras como  Beth Gibbons, Ryuichi Sakamoto, Stuart A. Staples dos Tindersticks ou Joan as Policewoman tamén axudan a facernos unha idea dos seus intereses e propostas. No 2013 compuxo a banda sonora do filme The Butler, pola cal foi nomeado para un Óscar.

 

No catálogo das Bibliotecas Municipais da Coruña podes atopar as referencias que temos tanto de Sétima Legiao como de Madredeus  ou Rodrigo Leao en solitario. Se es socia, xa sabes como funciona o préstamo; se non o es ainda, lembra que conseguir o teu carné é rápido e de balde.

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s