Lista de Reprodución Forum: propósitos de setembro

Setembro é sen dúbida época de bos propósitos que sempre nos marcamos para empezar con ánimo tralo recargo de pilas do periodo estival. Con setembro chega de novo a rutina, a incorporación ao traballo despois das vacacións, a volta ao cole dos máis pequenos e un sinfín de plans por facer. Enchemos a axenda facendo malabarismos e intentando cadrar o horario laboral coas sesións de pilates, o ximnasio e as ditosas clases de inglés.

Por iso, para que os ánimos non decaian ante tanta actividade, a  Lista de Reprodución do Forum ben cargada de exemplos de bandas e artistas que demostran o seu bo facer con traballo e continuidade, pero sobre todo ben cargada de boa música que che axudará a afrontar os novos proxectos a “bo ritmo”.

Os vigueses afincados en Barcelona Catpeople énchennos de cores vivas e enerxía co seu disco Love Battle, onde toma especial protagonismo a maravillosa voz de Adrián. Un disco cun son moito máis pop e electrónico que os distancian das influencias máis recoñecibles coma Interpol ou Editors.

A banda neoiroquina Interpol son sen dúbida un grupo de referencia tras converterse nunha das pioneiras e máis influíntes do Post Punk Revival.  Ainda que os perseguirá sempre a etiqueta de copia do mítico grupo Joy Division con  Our Love to Admire presentan unha maduración que transmiten con sons atmosféricos e diversos onde tampouco faltan as cancións experimentais coma The Lighthouse.

Trouble Will Find Me lanzado no 2013 é o sexto álbum de estudio da banda americana de indie rock The National. O disco curiosamente comezou a gravarse tamén nun setembro pero neste caso do ano 2012, nada máis saír recibiu os eloxios da crítica. Sen dúbida se algo caracteriza a The National é o seu espíritu traballador e incansable.

Americanos, ainda que polo nome pareza todo o contrario son tamén Yo la tengo, sen dúbida unha das bandas máis emblemáticas e queridas do circuito independente estadounidense. En Prisioners of Love rememóranse case dúas décadas de intensa actividade (1985-2003) e onde queda de sobras plasmado a súa capacidade para innovar pero sempre  dende a sensibilidade.

Aquí vos deixamos a Lista de Reprodución completa. E non esquezas consultar a dispoñibilidade dos discos no noso catálogo:

Abe Rábade – Ghu!, Antonia Font – Alegria, Belle & Sebastian – Fold your hands child you walk like a peasan, Bob Dylan  – Time out of mind, Bob Marley – Lively up yourself, Brian Eno – Music for airports, Calexico – Feast of wire, CatPeople – Love battle,  Interpol – Our love to admire, Dominique A – De mí sin tí, James Blunt – Moon landing,  Jamie Cullum – Twenty some-thing, Jane Joyd – Shy little jane presents, León Benavente – León Benavente,  Lcd Soundsystem – This is happening, Loreena McKennitt – A mummer’s dance throug ireland, Lovely Luna – Chang y Eng,  Luar na Lubre – Hai un paraiso,  The National – Trouble will find me, New order – Singles, Norwegian Wood – B.S.O., Mariza – Transparente, Raimundo Amador – Un okupa en tu corazón, Saint Etienne – Smash the system singles and more, The smiths – The queen is dead, Yo la tengo – Prisioners of love

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s