O perfume do jazz do vento do norte

Cuando pesen demasiado la rutina, / el trabajo y la vida en la ciudad, / nos iremos en un viaje infinito / con esa tonta sensación de libertad / hacia el fondo de ese mundo del que me has hablado tanto / paraíso de glaciares y de bosques polares / donde miedos y temores se convierten en paisajes / de infinitos abedules, de hermosura incomparable. 

Nunha das súas máis coñecidas cancións, Viaje a los sueños polares, sinalaba Family a mediados dos 90 unha vía xeográfica de escape cara unha outra vida posíbel, na intención de acompasar a inmensidade da paisaxe exterior ao estado de ánimo da paisaxe interior de cadaquén. Na procura dunha serenidade desexada por necesaria, os donostiarras Iñaki Gametxogoikoetxea e Javier Aramburu conseguiron esbozar naquel disco os camiños desa búsqueda desde unha presada de cancións preñadas de melancolía electrónica e sensibilidade pop.

terja-rypdal-same garbarek3 sidsel Jan garbarek - visible world - front

A leitura do voluminoso e fascinante Un hombre enamorado, do noruego Karl Ove Knausgard -o fenómeno literario do momento en moi diferentes países- levounos na última semana de volta a ese espazo xeográfico de querencia recorrente. As grandes extensións abertas, o mar, o frío, a natureza, o clima condicionando as vidas das persoas e marcándoas de forma decisiva, como elemento case disciplinario no seu decorrer…

E a música. Especialmente o jazz, en sentido moi amplo. Nun momento da novela, nunha festa cultureta en Estocolmo, varios artistas suecos conversan con Knausgard e pregúntanlle polo jazz noruego. El queda pensando e responde unicamente: si, temos bo jazz, gústame especialmente Bugge Wesseltoft, tentando achegar algún nome que non fose o do recoñecido Jan Garbarek. Pero como o autor recoñece, a mención queda curta. El mesmo amplía, noutros lugares, a súa listaxe de preferencias.

Bugge-Wesseltoft-Snowing-On-My-Piano Wesseltoft_Schwarz_Berglund_Trialogue_frontcover-700x700 beady belle beadybelle2

 

O mesmo queremos facer nós. Traspasando as fronteiras políticas, o espazo escandinavo achega nomes que son tremendamente recomendábeis e convén visitar. Nils Petter Molvaer, Sidsel Endressen, Beady Belle, Silje NergaardHanne Hukkelberg, Terja Rypdal… Tamén a lapona Mari Boine, e fóra de territorio mais con similar sensibilidade, a imprescindíbel islandesa Bjórk.

Nesta ocasión non imos desenvolver un achegamento á figura e traxectoria de cada un deles. Existe abondoso espazo virtual onde quen quixer pode achegarse a cada unha desas figuras, ou ler sobre o conxunto da escena do chamado jazz nórdico. Tamén as propias webs de selos como Jazzland ou ECM, chaves no desenvolvemento do mesmo, son accesíbeis e úteis para calquera persoa interesada. Tencionamos, pois, algo máis básico: simplemente provocar a descuberta de sonoridades que, a modo de banda sonora das nosas paisaxes emocionais, nos permitan visitar, ou fuxir, ou habitar en calma, ou pasear… polos recunchos e as horas en que nós tamén precisamos respirar, e sentir na faciana, os perfumes fríos do vento do norte.

 

Coma sempre, no catálogo das Bibliotecas Municipais da Coruña podes atopar as referencias que temos destes artistas. Se es socio, xa sabes como funciona o préstamo; se aínda non o es, lembra que conseguir o teu carné é rápido e de balde.

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s