Coruña Sonora: programación musical outubro

Coruña Sonora é un circuito musical, “unha aposta pola promoción dos grupos de música locais compostos polos xóvenes de entre 18 e 30 anos”

O circuito ofrece unha programación trimestral  de concertos de grupos locais en salas da cidade con entrada libre e gratuita, unha aposta do Concello de A Coruña para promocionar os bandas de música locais.

Os  grupos que tocarán nas salas coruñesesas saíron dun concurso onde un xurado seleccionou a 12 bandas, que ofrecerán os seus concertos entre os meses de setembro e  novembro, en actuacións dunha 1 hora.

Os concertos comenzarán todos a partir das 22:00 horas

Coruña Sonora octubre

Locais onde se celebrarán os concertos

Concertos de otubro

  • 2 de outubro –  Tanit – Sala Mardigrás
  • 9 de outubro – La Dance – Le Club
  • 16 de outubro – Bourbon Queen – Le Club
  • 23 de outubro – A New Heaven Arise- Le Club
  • 30 de outubro – Say My Name- Le Club

Tanit

Tanit é un grupo de rock alternativo creado en Coruña no 2013, fundado inicialmente por Tomás, Nico e Víctor os que se incorporaron recentemente  Juan, como guitarrista e cantante, para a gravación de novos temas.

Esta banda coruñesa parte dende estilos distintos tratando de crear un grupo de rock alternativo cun son fresco e innovador que se traduce nun repertorio heteroxéneo e persoal.

La Dance

A Dance, é un proxecto musical que nace na Coruña, a finais do ano 2009, baseado na autoxestión e plena independencia creativa.

Destaca o tratamento persoal das voces e os coros, as melodías van mostrando e despregando as distintas cancións, xogan coa dinámica e evolucionan sen medo cara a distintos estados sonoros se o tema así o require, desprovistos de calquera estrutura preconcibida. A espontaneidade que caracteriza música e letra oscila entre pasaxes escuras e introspectivas, ritmos eléctricos e formatos nus, acústicos e directo.

Discos

O son de La Dance cristaliza a principios de 2012 en Noites vermellas de Ljubljana, once cancións para o seu primeiro traballo que debuxan perfectamente ese dinamismo sonoro e que neste disco se sustenta nunha base máis acústica e íntima.

Publicado en 2014 Ciclosférico supón un disco máis ecléctico e electrónico no que prima máis o eléctrico que o acústico.

Ciclosférico destaca polo seu contido cíclico, como o seu propio nome indica, tanto polas pasaxes que se exploran nas súas letras, coma pola orquestración e ritmo das súas melodías.

Bourbon Queen 

Din que a música que escoitas na túa adolescencia é a que te marca de por vida. Ésta é a premisa pola que se rixen J. Adrían e J. Crego, fundadores desta banda coruñesa. Consolidados mais adiante como quinteto coa incorporación e J. Diaz ás catro cordas, e posteriormente con Alber eBrais ,sus directos son puro lume. En 2011 fúndase Bourbon Queen
En 2013 gravar un EP que terá como nomee “Blood rock and Tears“.
Tras a publicacion deste Ep saíron á luz numerosas publicacións en revistas de tirada nacional como “Popular 1”, “Ruta 66”, “Eleven Rock Magazine“… gavando o traballo e esforzo de Bourbon Queen. 
Bourbon Queen compartiu cartel con bandas como Madness, Moneyfor Rope, Leiva, Sidecars, Schoot Biram, Soulbreaker Company……

.

A New Heaven Arise

A New Heaven Arise, banda de metal  dun grupo de rapaces que levan tocando xuntos dende 2009, pero estiveron involucrados no mundo da música moitos anos xa que a maioría deles están actualmente a realizar estudos musicais no Conservatorio Superior de Música (Batería de jazz, composición, clarinete…)

Discos 

Durante estes catro anos gravaron unha demo (antigua formación -2009), un EP, Pillars -2011, e un LP Birth Chamber -2012

Say My Name

Banda de Pop rock formada por : Andrea de Artaza,  Dani Vaamonde, Jorge Salgado Valeria Rubal, y  Tomás Loroño

Twitter:@saymynameband
Instagram: @saymynameband
Facebook: Say my name Coruña

 

Máis información: 

 

Advertisements

One thought on “Coruña Sonora: programación musical outubro

  1. Pingback: Coruña Sonorama: programación musical novembro | Bibliosons

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s