Especiais, íntimos e ao vivo

Poderían ser outros os exemplos, mais nós quedamos nesta ocasión coas iniciativas La Makinita, Paperezko Kontzertuak, Os Xoves de Códax e Concerts Privats. Concertos diferentes, especiais, íntimos. Músicas que nacen e se comparten en librarías un domingo á hora do vermú, ou na terraza dunha adega de viños nas tardes de verán, ou nunha casa restaurada dun bairro popular.

audience-paperezko-kontzertuak 08_Pau_Vallve_concerts privats-3

Á marxe do espazo e da súa singularidade, a cercanía cos artistas, a posibilidade de interrelacionar con eles e o feito de vivir unha experiencia colectiva única, que non se vai repetir, son os elementos que fan deste tipo de concertos acústicos verdadeiras situacións vivibles de beleza artística compartida. E por iso os queremos facer hoxe protagonistas do noso blog, para difundir unha outra forma posible de gozar da música de artistas que nos emocionan en formatos e espazos ben pouco habituais.

Desta volta non queremos engadir máis nada, simplemente vos deixamos con pequenas alfaias que serven como mostra. A desfrutalos!

Ana Tijoux & Shadia Mansour en La Makinita (Chile)

 

Mursego en Paperezko Kontzertuak (Euskal Herria) 

 

Silvia Pérez Cruz en Concerts Privats (Cataluña) 

 

Xabier Díaz & Kepa Junkera n´Os Xoves de Códax (Galiza)

 

 

 

Sacha Na Horta

Hoxe é 25 de novembro, o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller (ou DIEVCM), que foi aprobado pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas na súa resolución 54/134 o 17 de decembro de 1999.

Cos obxectivos de concienciar e erradicar este grave problema que é unha eiva para a sociedade son moitos os actos que se celebran por todo o mundo e dende todos os ámbitos. A música tamén ten moito que dicir ao respecto.

En Bibliosons falamos con Mané de Sacha na Horta (grupo nado no 2007 e que se deu a coñecer logo de gañar o concurso “A polo ghit” organizado por Radio Galega e Vieiros) sobre o grupo e a súa postura sobre a violencia de xénero.sacha mandil

Que ao frente de Sacha na Horta estean 4 voces femininas parece algo ben significativo. Cal é a postura do grupo a respecto da violencia de Xénero? Que Sacha na horta tenha quatro vozes de mulheres à fronte é bem significativo e bem consciênte. Para falar da nossa postura ante a violência de gênero poderiamos só dizer a palavra INACEPTABLE ou extendernos num inmenso tratado onde falar da nossa repulsa e raiba ante todas as dimenssons dessa violência, dende a simbólica à estrutural, do verbal ao físico. É um fenómeno complexo e moitas vezes moi sutil.

Mas tm poderiamos empregar o exemplo do nosso propio grupo. Somos 4 mulheres que compartimos o mundo/banda com 5 homes e no que tentamos respeitar os desejos e necessidades de todas. Onde se celebra que quatro vozes, quatro mulheres diversas assumam o protagonismo de comunicar as mensagens que Sacha na horta quere espalhar polo mundo com a linguagem da música. Onde nos apoiamos para enfrentar as dificuldades…em fim, um mundo mais justo onde tranformar a violência em apoio mutuo.

Por que sodes sachadores? Em boa parte polo anteriormente exposto. Porque para nós sachar, a parte de conectarnos com a terra e com a terra na que vivemos é também um exercicio consciênte, umha atitude vital. Falamos de “sementar o futuro” e para isso fai-se preciso sacha-lo, actuar e dar-lhe os coidados que precisa para que poida medrar e dar bos froitos 😉

E se se fai a ritmo da música todo trabalho é mais levadeiro 😉

Que queredes reinvidicar co feito de levar sempre a bata de traballo no escenario Sempre dizemos que a bata é um signo de identidade da banda que nos conecta tanto com a clase trabalhadora, as labregas, operarias, marinheiras, etc., como com outro dos nossos grandes referentes que som as mulheres trabalhadoras que nos precederom e às que procuramos rendir homenagem como exemplo de loita, de dignidade, de coidados, etc.

A dia de hoje a bata é quase como umha segunda pel 😉

Para cando novo traballo? estades traballando nalgo novo? Estamos moi ilusionadas e com ganas começando um novo processo creativo para poder ter novo espectáculo e novo disco para finais do ano que vem mais ou menos. E mentres tanto, combinando-o para seguir sementando a re-evoluçom com a difussom do atual disco e espectáculo HortaRevolution.

Cal é a próxima cita onde poder vervos?Pois a ver se arghalhades algo pola Corunha que temos moita gana de tocar por essas terras! 😛 A proxima cita ainda nom tem data mais a intençom é fazer umha pequena gira de inverno por salas e se cadra tm algum festival que, por fortuna, cada vez começam antes..que se nom o inverno fai-se moi longo.

 

 

True Mountains nos Xoves na Sagrada

True MountainsAs estanterías da nosa biblio da Sagrada Familia acollen as palabras dalgúns Freethinkers. Dicía Tolstoi que

“os librepensadores son aqueles que están dispostos a utilizar as súas mentes sen prexuízos e sen medos a fin de comprender cousas que chocan cos seus propios costumes, privilexios ou crenzas”.

Moitos deles foron apartados, no mellor dos casos, por albergar estes pensamentos inconformistas, visionarios, revolucionarios, mais algúns foron considerados xenios.

Neles deberon inspirarse True Mountais para dar nome ao disco e á súa primeira canción, toda unha declaración de intencións, que di  “é o momento de ser diferente, de respectar o que es”.

Gravado, mesturado por Pancho Suárez de Lis nos estudos Planta Sónica II (Vigo) durante marzo de 2014 é o primeiro LP de True Mountains no que atoparemos outros sete temas punk rock con matices folk.

Como grupo contan só cun ano de vida, pero desde logo non son neófitos no mundo da música. Iván Pérez á guitarra acústica e voz, vén de participar en diferentes proxectos como Twenty Fighters Back to 1984, ao igual que Nacho Martín ao contrabaixo, músico dos May Thai & Los Torino Rockets Back to 1984. Os dous levan xa tempo dándolle vida á escena musical desta cidade.

Sen deixar a un lado a súa bagaxe, como True Mountains fan unha proposta de actitude punk rock a traves de dous instrumentos acústicos que non deixa indiferente
Así que Fuck the television this nigth! e vén gozar do concerto na biblio este xoves 20 ás 19:30 h.

Ah! non se marchen ainda porque queda un concerto máis de “Os Xoves na Sagrada”: o dia 4 de decembro a última cita da temporada será con Bolboreta-Lydia Botana.

Riff Cohen, Tania de Sousa e Alba María, o inverno en feminino

Dedicamos un novo post de Bibliosons á música feita por mulleres, nesta ocasión a tres artistas de tres nacións de realidades e culturas ben diferentes que están de actualidade e que van ser nomes a seguir con atención no vindeiro 2015: a israelí Riff Cohen, a vasca Tania de Sousa e a galega Alba María. Cun único traballo editado cada unha delas, o futuro parece levar anotado o seu nome.

 

Riff Cohen 

546_1_Riff-Cohen-1

Nacida en Tel Aviv, de nai franco-alxeriana e pai israelita de orixe tunecino, esta moza de 28 anos é unha das grandes sensacións da música pop actual, entendida esta etiqueta en sentido ben amplo. Na súa música a identidade, ou as identidades, ocupan un lugar central, como o fan tamén de facto na realidade e na sociedade na que a artista medrou, con dúas linguas maternas e orixes repartidos: “Se me teño que presentar explico de onde proceden os meus pais e os meus avós, e que eu son a primeira xeración da miña familia nada en Israel. Á xente resultalle máis difícil comprender a identidade dunha israelita nova, de avoa con lingua árabe e que leva o vestido tradicional de Túnez. A xente clasifícate de seguida; ou es israelí ou es árabe”.

A cantante ten manifestado en diversas entrevistas a súa vocación de axudar a crear “unha música israelí de carácter propio, que beba das tradicións dos pobos e culturas que se mesturan no meu país, sen mimetismo aos discursos occidentais” e ten criticado o feito de como “o Israel sionista quixo borrar todas as raíces e crear unha cultura nova, mais segue a ser unha retórica baleira e sen alma”.

Para nós, ao lado de Ester Rada -unha das sensacións do festival WOMEX que se vén de celebrar en Compostela- é seguramente a proposta máis interesante saída de Israel nos últimos anos. Mais para alén de coas súas opinións queremos deixarvos coa súa música, sempre enerxética, viral e expansiva.

 

 

 

 

 Tania de Sousa 

1370512569_972140_1370513748_noticia_normal

Desta cantante euskalduna xa falamos no seu día cando trouxemos a Bibliosons ao grupo de riot girrrls Zuloak, do que formaba parte. Se en bandas pretéritas nas que militou, como The Dispositives ou a citada Zuloak, a temática central das súas cancións procedía do ámbito do social e as sonoridades predominantes derivaban do rock, neste primeiro traballo en solitario De Sousa opta polas relacións persoais e afectivas como tema e polo pop como vestimenta sonora.

O seu primeiro disco, editado a través de crowfunding coa plataforma Verkami, está integramente cantado en euskera, unha cuestión que a artista decidiu de forma consciente e que explica deste xeito: “O euskera ou outras linguas máis pequenas son máis difíciles de dixerir para o público mainstream e as radiofórmulas. Eu tento ser comprensiva con esa actitude pero tamén convido á xente a que faga un mínimo esforzo e disfrute das melodías como tal, xa que é o que realmente importa e nos transporta a outros estados da mente ou a onde queiramos que a música nos leve. Se acabamos todos cedendo e, no meu caso, cantando en español ou inglés, nunca mostraremos á xente a nosa lingua propia, nin poderemos mantela viva”.

Deixámosvos co single do seu disco de presentación, Baso ilunetik.

 

 

Alba María 

fotoAlba

“Observo o agora, volto os ollos cara a outros lugares. Dou unha reviravolta e camiño por unha morna, unha bossanova, un blues, algo de swing que me vén petar á porta do peito. E teño moitos nomes, chámome como quero dependendo da marea. Pero sempre remato na ría, nas doces cordas da zanfona, no puño con ou contra a pandeireta, e o fol do acordeón collendo todas as brisas dos meus dezanove anos. E son moitas Albas, as Albas que fican nas cancións que vou creando, e as Albas que perdo cando sae o canto para fóra. Desde a ironía e desde a dozura. Observo, observo e nunca remato de observar o agora”.

Na estirpe de Pilocha, Uxía, Ugia Pedreira, Guadi Galego, Sés, … aparece neste remate de ano o primeiro disco desta moza de dezanove aniños, filla da emigración galega ás Canarias e alumna da Escola Livre da MPG.  O seu traballo “Ainda”, que vai presentar este nadal no Culturgal, está reforzado nas composicións pola equipa de músicos colaboradores da Central Folque, que se ocupa tamén da edición do mesmo.

Alba María promete ser unha voz con vontade e calidade para se consolidar e deixar pegada no panorama das músicas de noso. Con ela vos deixamos e rematamos este post.

Lista de Reprodución Forum: “Movember”

O mes de novembro a cousa vai de bigotes. O movemento “Moustache-November” (Bigote-Novembro) bate récords de ano en ano. “Movember” é un xogo de palabras entre “moustache” (bigote en inglés) e “November” (noviembre). A súa orixe remóntase a principios do Século XX na cidade de Melboume (Australia), ainda que a súa popularidade foi en aumento de xeito significativo nos últimos 10 anos. Esta multitudinaria iniciativa conseguiu recuperar un símbolo físico de masculinidade, á vez que se promove a recaudación de fondos para o estudio dunha das enfermidades que más vidas barre cada ano en todo o planeta.

movember

O obxectivo é recaudar fondos e aumentar a concienciación sobre a saúde do home, explican dende a web de Movember. Á iniciativa tamén se poden sumar mulleres (Mo Sistas) que axuden aos seus compañeiros (Mo Bros) a deseñar o mostacho. Pero se algo está conseguindo Movember, é sensibilizar sobre os cancros de próstata e testículo.

Na Lista de Reprodución de Novembro facemos o noso particular “movemento november” e desta volta seleccionamos música de homes teñan ou non bigotes.

O grupo  británico de folk-rock Mumford & Sons formados por Marcus Mumford (voz principal, guitarra, batería,mandolina), Ben Lovett (voces, teclado, acordeón, batería), Winston Marshall (voces, banxo, dobro) e Ted Dwane (voces, contrabaixo, batería, guitarra). Ainda que o grupo se formou no 2007, gañaron popularidade no 2010 tocando diante de grandes audiencias e tendo a súa primeira aparición na televisión americana e recibiron dúas nominacións aos Premios Grammy, unha por mellor artista novo e outra por mellor canción de rock (“Little Lion Man”). Babel sube a aposta de Mumford & Sons ainda que sen mudala en exceso. Soa máis brillante, con cancións que tiran a festival folk.

Lonxe queda xa cando os barceloneses Sidonie gañaron un concurso de xovenes talentos na cidade de Hospitalet de Llobregat e polo que foron fichados por unha pequena discográfica independente chamada Bip Bip Records. Marc Ros, Jesús Senra y Axel Pi trasladan coma ninguén o pop psicodélico e o rock alternativo dos discos ao escenario, sempre cuns directos que non deixan indiferente a ninguén. En Sierra y Canadá dan un xiro máis cara a electrónica pero en ningún momento deixa de soar a Sidonie. Articulado a través da relación entre “Sierra y Canadá”, dous robots namorados a destempo o un do outro, o disco presenta estructuras ás que non nos tiña acostumados e un son moito máis sintético.

Borja Laudo é Bigott un tipo bohemio, excéntrico e orixinal, o seu estilo fresco e con alta capacidade compositiva. O seu terceiro  traballo Fin destaca sobre todo polos arranxos e faise notar a presenza da súa parella Clara no coros. Editado por Grabaciones en el Mar, Fin é outra caixa de sorpresas onde todo entra sin ningún esforzo, cos seus pouco máis de vintecinco minutos, nada queda sobreactuado nin finxido a pesar do rimbombantes que poidan resultar os títulos ou as letras.

Aquí vos deixamos a Lista de Reprodución completa. E non esquezas consultar a dispoñibilidade dos discos no noso catálogo para poder levalos en préstamo:

Albert Pla – La diferencia, Bigott – Fin, Bunbury – Hellville de Luxe, Cooper  – Retrovisor, Elvis Presley – The album, Gabinete Caligari – La culpa fue de Gabinete, Guns N`Roses – The spaghetti incident?, George Harrison – Best of dark horse, Javier Gurruchaga – Viva Mondragón, Johnny Cash – At san quntin, Juan Perro – Río Negro,  Jimi Hendrix – Jimi Hendrix, Tino Casal – Todo Casal, La Habitación Roja – Fue eléctrico,  Los secretos – Adios tristeza, Los Suaves – Esta vida me va a matar, Magin Blanco – Ella,  Manolo García – Para que no se duerman mis sentidos,  Marvin Gaye– The Very Best Of, Miguel Bosé – Velvetina, Mumford & Sons – Babel, Phil Collins – Hello, I must be going!, Robbie Williams wiht Pet Shop Boys – Shes Madonna, Rod Stewart – The complete great american songbook, Sidonie – Sierra y Canadá, Siniestro Total – Trabajar para el enemigo

 

Coruña Sonorama: programación musical novembro

Coruña Sonora octubreCoruña Sonora, a aposta do Concello de A Coruña para promocionar as bandas de música locais e da que xa vos falamos en ocacións pasadas, continúa moi viva no mes de novembro.

O circuito musical “aposta pola promoción dos grupos de música locais compostos polos xóvenes de 18 a 30 anos”  dando así a oportunidade de actuar en directo a 12 destes grupos en diferentes salas da cidade. Nos meses de stembro e outubro os concertos tiveron lugar na Sala Mardi Gras e na Sala LeClub.

Este mes de novembro os concertos serán na Sala Pizz&Music:

  • 6 de novembro: Man City Blue
  • 13 de novembro: Senectud Sideral
  • 20 de novembro: Almakoa
  • 27 de novembro: After All

Todos os concertos son ás 22:00 horas e a entrada é gratuita.

Man City Blue

Man City Blue son unha banda de rock alternativo da Coruña formada no 2011. Os seus compoñentes  son: Eva Arotxena (voz), Ana Castro (guitarra), Juan Corredoira (baixo), Xoel Diamante (guitarra) e Nicolás Cotelo (batería).

Influecias: Muse, Iggy Pop and the stooges, U2, Joy Division, Radiohead, the Who, Eric Clapton y Free….

Historia:  segundo eles mesmos a definen no seu perfil versa “Dúas amigas de pelos multicores viaxeiras do tempo decidiron montar un grupo inspirado na película “Control” sobre a vida de Ian Curtis, cantante de Joy Division, buscaron o resto dos integrantes. Azucre, especias, moitas cousas bonitas e a substancia X, asi formouse Man City Blue, para destruír a parvada reggetonera do mundo e facer así da Terra un planeta lixeiramente máis habitable”

Senectud Sideral

É un grupo de xóvenes coruñeses que comezou polo 2008 en Abeiro. Eses rapaces que comezaron timidamente fai xa 6 anos medraron e con eles a súa música de corte Pop-Rock Indie

Os seus compoñentes son: Javi Pernas(voz e guitarra), Álvaro Sánchez (baixo, teclado e coros), Alex Fernández (batería e voz/coros), Alberto Rodríguez (guitarra, ukelele e mandolina)


Influecias: The Beatles, Queen, Muse, Oasis, The Who, Arcade Fire, Pink Floyd…

Historia: Alá por 2008 o coordinador do centro xuvenil Abeiro, onde adoitaban parar, propúxolles a catro amigos participar nun concerto que se adoita realizar alí cada ano. Por entonces non estabamos moi convencidos, pero ao final accederon. . Alí tocaron versións, compuxeron as súas primeiras cancións e sobre todo gozaron coa música. Tres deles, Alberto Rodríguez (guitarra), Álvaro Sánchez (baixo e teclado) e Alex Fernández (batería) forman parte do grupo actualmente. Máis tarde incorporaríase Javi Pernas (guitarra e voz). Aínda que o nome é anterior, pódese dicir que entón comezaba Senectude Sideral.Dende ese momento pasaron pola formación o guitarrista Pedro Sánchez e o clarinetista e pianista Javi Ulla.

Almakoa

almakoa

Almakoa son Daniel Temprano López, Cristina Caballero Jarnes, Alejandro Mantiñán Búa e Carlos Orozco Obré

Influencias: Ben Harper, Jack Johnson, Donovan Frankereiter, Matt Costa

After All

After All é unha banda herculina de Rock, formada no 2011 por Hugo (guitarra), Eva (voz),  Javi (baixo, voz e coros), Eloy (batería e coros).

After All nace cando Hugo, tras abandonar o grupo “Warning! ” decide formar un grupo propio; tras comentarllo a xente do seu arredor e probar algúns músicos entra Javi no grupo e xunto á batería Jose Luis e o guitarrista Jony Bello a banda comeza cos seus primeiros ensaios. Despois dun par de semanas ensaiando e buscando cantante entra á formación Eva Vil, e tras dous meses de preparación, a banda dá o seu primeiro concerto.Tras o concerto, a batería Jose Luis e o guitarrista Jony Bello abandonan a formación e pasan a ser substituídos por Eloy á batería, sendo esta a formación actual do grupo. Durante este ano a banda deu numerosos concertos e actualmente encóntrase traballando en temas propios,os cales en gran parte xa foron presentados en directo.

Fan versións de Rock das últimas décadas, dende o máis clásico ao moderno, e temas propios.

Máis información: 

Son Brasilego, con Sérgio Tannus Trío, na biblioteca Sagrada Familia.

trioBrasilego, precioso “palabro” inventado polo Sérgio Tannus. Un termo que define perfectamente a relación entre Galicia e Brasil, e por extensión con todo o mundo lusófono. Hai que recoñecelo, o Tannus estivo fino cando tras reflexionar sobre a súa identidade –brasileiro ou galego– saíunos con “brasilego”.

Se a riqueza musical de Galicia era grande, pode considerarse aínda moito máis rica se a poñemos en relación co mundo da lusofonía, á que pertence de pleno dereito. E por iso o noso país, e Compostela moi especialmente, convertéuse dun tempo a esta parte en cita obrigada –e en moitos casos lugar de residencia permanente– para músicos chegados de Brasil, Angola, Cabo Verde, Portugal, Mozambique, Guinea-Bissau… Países que mercé ao noso idioma son considerados xa irmáns.

Sérgio Tannus pode considerarse un “líder” dentro desta comunidade músico-lusofona asentada en Galicia. Acompañamento obrigado de artistas como Uxía, Aline Frazão, Antonio Zambujo, Carlos do Carmo, Lenine, Kepa Junkera, João Afonso, Chico Cesar, Dulce Pontes, hai dous anos lanzou o seu traballo “Son brasilego”, coa participación de moitos destes artistas. Todos eles contribúen a facer realidade esa ponte intercultural grazas ao galego-portugués a á música.

A biblioteca Sagrada Familia recíbeo este vindeiro xoves, día 6 de novembro, acompañado de dous músicos que completan o seu trío básico: Gutier Álvarez e Paulo Silva.

O primeiro deles, Gutier (zanfona, violín e gaita) é un galego de Pobra de Trives. Ademais de experimentado profesor de música, formou parte de diversas formacións e proxectos como Os Cempés, Pablo Seoane Grupo ou “Descarga ao vivo Galiza-Cuba”.

Paulo Silva (percusión) é un bahiano tamén asentado en Galicia. Cursou estudos de batería de jazz con Michael Kuettner en Alemaña e traballou con artistas como Budiño, Guadi Galego, Quico Cadaval, Fred Martins, Socorro Lira, Uxía, por citar só algúns.

Sen dubidalo, podemos dicir que “Os Xoves na Sagrada”, o ciclo de música entre libros que desenvolvemos na biblioteca municipal Sagrada Familia, forma parte dos circuitos da música lusófona. Escenario modesto, si, pero especialmente ligado con esta expresión artística que sentimos tan nosa. Non en van por aquí pasaron xa moitos dos artistas que colaboraron no álbum “Son Brasilego”: Aline Frazão, Narf, Najla Shami, Xabier Díaz, Xoán Curiel ou Guillerme Fernández.

Esperámosvos para vibrar connosco con temas como Água Quentinha, Bethoven tinha razão, Eu to alegre… De que todos e todas ides saír da biblioteca cun amplo sorriso, non temos dúbida ningunha.