Novedades Carminha: “jódete y baila”

Agora están presentando o seu terceiro traballo, Juventud infinita, pero quizais o título que mellor os define é o do seu segundo disco: “Jódete y baila”. Estes tres rapaces de Compostela fan garaxe, punk e rocknroll, todo metido no mesmo saco. Son críticos, macarras, gamberros, pero elegantes. Rinse de todo un pouco e, máis ca nada, pretenden facer bailar.

E conségueno. Ata nunha sala de concertos onde os camareiros fan que sentes en sofás verdes, daqueles antigos, pero modernos, na esquina co peor ángulo de visión posible do escenario. Co seu mellor sorriso e un lazo no pescozo a xogo cos sofás, tratan de convencerte de que “se ve perfectamente todo o lateral”. Bo intento, aínda que vaias botar pouco tempo sentado, pensas. O público que vai ver un concerto de Novedades aproveita á mínima para erguerse. É entón cando salta, berra e estoupa. Cuspe letras irreverentes, pero paveras, e súa punk por todos os poros da pel.

novedades-carminha

Novedades Carminha sacou Juventud Infinita en marzo. Dende aquela andan xirando por toda a península. En Madrid acaban de colgar o cartel de entradas esgotadas e na casa poderémolos ver o 18 de decembro, na Sala Capitol de Compostela.

Teño entendido que o nome da banda saíu da mercería da nai dun deles. De aí que non sexa estraño que moitos muden o Novedades por Variedades e rebauticen ó grupo picheleiro sen darse conta. Despistes á marxe, dende os comezos, a súa traxectoria foi en pendente ascendente dende o Festival do Norte de Vilagarcía, ata o BBK Live de Bilbao e moitos xa os reclaman para o Sonorama Ribera de Aranda de Duero. Como din os Novedades, eles están nisto da música para forrarse de billetes, pero ¿quen sabe? Pode que sexa outro dos seus intentos por rirse de todo un pouco.

Se non podedes asistir a ningún concerto, nas Bibliotecas Municipais contamos con Juventud Infinita e outros cd`s. Consultade a súa dispoñibilidade no noso catálogo.

Advertisements

One thought on “Novedades Carminha: “jódete y baila”

  1. Pingback: Superoito: “Somos o círculo Podemos do rock&roll” | Bibliosons

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s