Lista de Reprodución Forum: Decembro e o mellor de…

Xa están aquí as famosas listas do mellor do ano. Ainda que moitos pensen que son como as luces do Nadal, que cada ano parece que chegan antes, o certo é que xa en novembro comezan a publicarse as primeiras. Así que, ben entrado decembro na Lista de Reprodución de Forum non podiamos pasar por alto o mellor do ano. Desta volta tomamos como referencia a revista Rolling Stone, que para celebrar o seu 15º aniversario fixeron unha enquisa ós seus lectores para obter as mellores cancións nacionais e internacionais dos últimos quince anos.

Por aquelo de non mesturar na nosa comezamos cos artistas nacionais, unha enquisa que revela resultados esperados e pouco sorprendentes. Non faltan clásicos coma Nacho Vegas, Sabina, Calamaro, Bunbury, Extremo Duro ou Piratas.

De aparición máis tardía son grupos coma Los Planetas, Lori Meyers ou Vetusta Morla. Grupos que xurdiron na segunda metade da década dos 90 e que estiveron en pleno auxe no movemento indie da época.

“Un Buen Día”,  é o terceiro single extraído de Unidad de Desplazamiento que presenta a uns Planetas en estado de gracia, cun punto optimista, alegre e á vez cun pouso agridoce. Pronto se converteu nn hit ampliamente recoñecido e sempre demandado nos directos dos granadinos. Algo parecido ao que pasou con “Salvese quien pueda” dos madrileños Vetusta Morla e “Alta Fidelidad” dos de Loja.

Na lista tamén se mete Russian Red co seu clásico “Cigarrettes”, Deluxe e o seu primeiro gran hit guitarreiro en castelán “Que no”, e que para nada facia presaxiar o cambio de rumbo en canto a estilo do gran Xoel López.

E como non, dentro do mellor dos últimos 15 anos non podian faltar os xa desaparecidos The Sunday Drivers. Cun son característico, moi diferente o de outras bandas indie españolas, tiveron un éxito notable en países como Francia, Holanda ou Grecia. Do seu álbum Tiny Telephone (2007) o público salienta “Do it“, un tema xenial que nos directos do grupo era capaz de facer que todo o mundo saltara e berrara ao mesmo tempo Do it, do it, put yourself in my place!.. que tempos aqueles!

Son algúns exemplos do que o público destaca como o mellor do panorama musical español nos últimos 15 anos. Aquí vos deixamos a Lista de Reprodución completa.Non esquezas consultar a dispoñibilidade dos discos no noso catálogo para poder levalos en préstamo:

Bunbury – Freak show, Calamaro – El cantante, Calamaro – Bohemia, Deluxe  – Los jóvenes mueren antes de tiempo, Dorian – La velocidad del vacío, Duncan Dhu – Piedras, Extremoduro – Agila, Fito & Fitipaldis – Por la boca vive el pez,  Iván Ferreiro – Mentiroso, mentiroso, Lori Meyers – Cronolánea, Love of lesbian – La noche eterna / Los días o vividos,  Facto Delafé y Las flores azules – La luz de la mañana, Nacha Pop – Un día cualquiera, Najwa – Donde rugen los volcanes,  The New Raemon – La dimensión desconocida, Nacho Vegas – Cajas de música difíciles de parar, Pereza – Animales,  Los Planetas – Una ópera egipcia,  Joaquín Sabina – Lo mejor de los mejores, Los Secretos – En este mundo raro, Sidonie – El incendio, Standstill – Vivalaguerra, The Sunday Drivers – Little Heart attacks, Tulsa – Sólo me has rozado, Vetusta Morla – Mapas, Kiko Veneno – Dice la gente

Advertisements

One thought on “Lista de Reprodución Forum: Decembro e o mellor de…

  1. Pingback: Lista de Reprodución Forum: Xaneiro e o mellor de… | Bibliosons

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s