“Suellen está bébeda” unha das frases máis coñecidas do mundo da dobraxe da CRTVG dá nome a un dúo de punk rock coruñés que realizou o seu primeiro concerto aló polo 2013 e que hoxe segue loitando por permanecer en escena ainda que non sexan tan coñecidos como a mítica frase.
Se non sabedes de quen falamos, tedes a oportunidade de velos hoxe sábado ás 22:30, estarán tocando en directo no Pub Cazuza da Coruña. En Bibliosons falamos con eles.
¿ Por que elixistes ese nome tan característico?
Estábamos hartos de ponernos los típicos nombres “apolíticos” del Punk. Teníamos en mente muchos pero no nos convencía ninguno. La semana en que elegimos ese nombre había fallecido J.R., y entre cerveza y cerveza surgió la conversación sobre esos dos temas. Alguien dijo: “Suellen está bébeda”, nos gustó, y así se quedó.
Por certo, ¿de quen bebedes vós?, ¿cales son os vosos grupos de cabeceira?
Principalmente lo que más nos gusta es el Punk-Rock de los 80, aunque nos gustan muchos estilos y grupos musicales, así que sería un poco difícil decirte cuáles son nuestros grupos de cabecera. Tenemos hasta una versión de Boney M. y alguna de los Chunguitos escondida por ahí.
Tocar punk rock con só dous integrantes no grupo debe resultar cando menos complicado, ¿foi unha elección ou non atopades máis xente que se sume ao proxecto?¿cómo vos apañades á hora de tocar?
Es más fácil de lo que te imaginas, aunque a veces requiere mucho esfuerzo.
En los grupos con mucha gente siempre suele haber discusiones, eso lo sabemos por experiencia, así que cuanta menos gente haya en un grupo mejor. Tuvimos varios baterías, pero…los baterías están todos locos. Nos apañamos perfectamente los dos solos.
Imaxino que tocades nos voso temo libre pero ¿que proxectos tedes en mente? ¿Novos concertos? ¿Gravación dalgunha maqueta?
Tocar todos los conciertos que se puedan, y si es posible a la larga grabar un disco.
Para a xente que se achegue a vervos este sábado ao pub Cazuza, ¿Qué se vai atopar?
“Eran dos tipos requetefinos, eran dos tipos medio chiflaos, eran dos tipos”.
Este é un aviso para navegantes e para os amantes da música máis despistados que ainda non se enteraron que este sábado 24 de xaneiro ás 20:30 teñen unha cita probablemente irrepetible no Teatro Rosalía Castro da Coruña.
Os galegos Silvia Penide, César de Centi, Luis Moro, Nando Deibe e Félix Arias seguramente coñecidos por todos pero de xeito individual, agora formanCincoparedes. Esta recente formación súbese ás táboas do auditorio coruñés para presentarnos o seu traballo no que cada artista presta as súas cancións para formar parte “dun todo”.
A idea é interpretar todos á vez, sobre o escenario 15 temas durante noventa minutos.Serán temas propios e arranxados entre os cinco artistas para a ocasión. Sen dúbida unha particular posta en escena que vai supoñer un cambio na traxectoria persoal de cada un dos músicos.
Felix Arias e Silvia Penide xa compartiran o seu talento baixo a fórmula Canciones Ajenas, na que realizaban versións doutros grupos.
Aqueles concertos supuxeron o xerme de Cincoparedes, que deu os seus primeiros pasos hai tres meses. Logo de dúbidas e reticencias iniciais nos primeiros ensaios conseguiron a cohesión.
Dende logo un espectáculo para no perder, sobre todo porque na mente dos artistas, polo de agora, figura como única data a deste sábado 24 de xaneiro ás 20:30
Podedes mercala vosa entrada no despacho de billetes da praza de Ourense ou en Servinova.
Entre A Coruña e Santiago está Ordes e de alí son Superoito. Tres rapaces que tocan rápido, bailan ben e fano en galego. En menos de un ano sacaron un disco con trece temas e dous videoclips, percorreron case un cento de escenarios e teñen no forno un segundo álbum que presentarán en canto cheguen ós cen concertos. Son así de punkies. Nin máis nin menos. Gianne é o cantante e guitarra da banda.
Bibliosons: Frenética traxectoria a que leva Superoito, ¿cres que é hora de afrouxar ou ides manter o ritmo?
Gianne: Bueno, queremos aceleralo un pouco máis! (risas). Cando empezamos era máis duro mantelo, estabamos os tres sós e facíasenos difícil compaxinar a actividade do grupo cos nosos traballos persoais. Agora somos un equipo: fichamos con Antía Pimentel (a nosa manager) e é ela quen fai por nós todo o que non é tocar, quítanos moito traballo de encima e temos máis tempo para descansar e pensar noutras cousas. Tamén está Iago da nosa produtora Busaco Contratacións (Cangas), que viaxan con nós a todos lados e son quen miran que nunca nos falte de nada e Producciones Genéticas que nos axudan en temas de promoción e publicidade a grandes niveis. Logo está Madrindie Producciones, unha discográfica madrileña coa que firmamos contrato non hai un mes.Todos están traballando moito e poñendo da súa parte e nós non imos ser menos…
B:“Non sabes bailar” é o nome desta xira, ¿aprendestes por fin a movelo esqueleto despois de tantos concertos?
G: Bueno, sempre presumimos de bailar ben, pero sendo sinceros por unha vez, aquí oúnico que baila ben son eu. Xabi e Glenn fan o que poden. A eles parécelles que bailan ben pero dan bastante pena. Doulles a razón para non desilusionalos. Hai que querelos así.
B: Acabades de sacar un tema en castelán, “Deja el nacionalismo y bésame ya”. Cóntanos, ¿de que vai a historia?
G: É unha canción que nos excita moito e por iso a quixemos ensinar. Imaxínate a Beiras chegando tarde á casa despois dun día duro de traballo e a súa muller cantándolle isto. Non lle puxemos Anova Irmandade de nome ó grupo porque non lle cadrou.
Para este disco temos unha liña temática concreta, sabemos o son que queremos e imos ir a por el sen dar voltas.
B: E o seguinte paso é o novo disco. ¿Que nos podes avanzar de momento?
G: Para este disco temos unha liña temática concreta, sabemos o son que queremos e imos ir a por el sen dar voltas. Escoitamos moita música nova, descubrimos novos grupos que nos flipan por colores e temos novas referencias. Imos intentar que todo o que vivimos neste primeiro ano sirva como punto de partida para o seguinte e neste punto de partida non van faltar as referencias picarescas e os ritmos de cintura.
B: Disco, por certo, de descarga gratuíta, ¿non si?
G: Por suposto. A situación económica xa é bastante dura para moita xente como paracanto máis facerlle pagar pola música, que ó final se fai para ser escoitada. Se nos desen a escoller entre vender millóns de discos e facer dez concertos ou non vender ningún disco e facer outros cen, collemos a furgoneta mañá mesmo.
B: ¿Vanvos as etiquetas musicais ou non? Digo porque falades de música surf, pero iso é moi amplo, ¿non?
G: Claro, o de música surf é un conxunto. Unha actitude máis ca unha secuencia de acordes ou melodías. É a forma de pensar máis libre que hai: fago o que me apetece, cando me apetece. Nese aspecto non nos poñemos ningunha limitación e de aí o da música surf.
B: Un estilo similar por certo ó de outros grupos galegos como Terbutalina, por exemplo. ¿É un dos vosos referentes?
G: Terbutalina é un bo grupo. Gústannos e procuramos ir ós seus concertos sempre que podemos e cando hai ocasión aínda lle caen unhas bailas. De aí a que teñamos referencias, non sei; podemos parecernos nalgunhas cousas, pero non deixa de ser unha banda máis das moitas que nos influencian día a día.
B: Falando de bandas, compartistes cartel fai nada con Novedades Carminhaen Vigo.¿Como foi?
G: Foi como se esperaba. Esgotáronse as entradas e a xente conectou moito con nós. Novedades Carminha son o mellor exemplo de que a música sempre agradece o tempo que lle dediques. Respectamos a súa música tanto como disfrutamos dela. Estes si que son unha referencia e non só musical, tamén persoal. Amigos de toda a vida. Saúdos para eles!
B: Estamos falando, ademais, dun grupo de Ordes, vila da que saíron moitos outros coma Dios Ke Te Crew ou Kastomä. ¿Que vos dan de comer na comarca para saír tan artistas?
G: En Ordes somos moi cabezóns. Canto menos nos axudan, máis loitamos para saír atocar. Non é que o apoio do concello non exista, é que o concello impide que saian máis grupos. O talento sobra e será por isto polo que non nos damos por satisfeitos nunca.
B: Esgotastes as 500 edicións físicas do voso primeiro traballo na primeira semana,gañastes o premio Correlingua da música en galego e a produtora discográfica Sony Music recóllevos no seu catálogo musical.¿Subíusevos a fama á cabeza?
G: Non o creo. Aprendémolo todo de grupos mellores ca nós e máis humildes. O Correlingua, os discos esgotados e ata fichar por Sony son premios a tanto traballo, atantas horas e quilómetros andados e dedicados á musica neste último ano. Mais iso non cambia quen somos nós mesmos, nin como somos coa nosa xente.
B: Éxito masivo tamén o voso nas redes sociais. Son moi importantes a día de hoxe, ¿non cres?
G: Desde logo. De feito, antes de ter o grupo só utilizabamos o ordenador para Spotify mais agora, aforramos moitísimos cartos facendo os carteis dixitalmente.A nivel de promoción é brutal: eficaz, rápido e gratuíto.
B: ¿Como se ve todo dende enriba dun escenario?
G: Normalmente cando nos subimos ós escenarios vemos pouco (risas). Individualmente temos as nosas opinións, mais como grupo preferimos non adoptar un carácter reivindicativo. Somos músicos e facemos música, o resto deixámolo para debate da xente que estudou máis e bebeu menos.
B: “Non nos representan” é un dos vosos temas. Que nos podedes contar del
G: Ese tema é unha mera escusa para invitar ó noso amigo Esteban Rodríguez a tocar a gaita. Compartimos épocas moi boas con el en Brisas do Quenllo, a asociación de música tradicional da Pontraga, en Tordoia, e con outros moi bos amigos e amigas que aínda mantemos. Somos o círculo Podemos do rock&roll.
B: ¿De que conquista estades máis satisfeitos como grupo?
G: Do público. O noso maior premio. Calquera outro recoñecemento está por debaixo. Esta resposta pode parecer un aceno de peloteo fácil pero é certo. Sendo honestos, tocar moito e esgotar entradas tantas veces é o maior dos premios.
B: ¿E que soño vos queda por cumprir? O máis inmediato, por elixir un…
G: Algún día tocaremos conNada Surf. É o noso grupo cabeceira. É o único disco que temos na furgoneta para cando imos tocar, soou durante tantos e tantos quilómetros que algún día acabaremos por tocar con eles!
O mes pasado fixemos repaso do mellor da música nos últimos 15 anos no que a panorama nacional se refire, segundo unha enquisa feita pola revista Rolling Stone aos seus lectores. Desta volta é a quenda da música internacional.
A cantautora británica de soul, R&B e pop Adele consegue meterse na lista co seu potente tema Rolling in the Deep. Unha sinfonía disco escura con toques de blues e gospel moi ben recibida pola crítica musical que a eloxiou con comentarios moi favorables tanto pola propia voz de Adele coma pola letra e a instrumentación do tema.
Outra gran diva británica tristemente desaparecida xa, Amy Winehouse figura co seu segundo e último álbum de estudioBack to Black. Tras o seu lanzamento e promoción, Back to Black vendeu máis de 20 millóns de copias arredor do mundo, convertendoo así no álbum de maior éxito comercial de Amy Winehouse. O tema que dá título o álbum é conciso pero xa figura como unha das mellores cancións de toda a historia da música. Unha lección de clase e señorío cunha letra apoteósica “dixémonos adeus sen palabras e morrín cen veces” reza o estribillo.
Take Me Out pola súa banda é o single máis popular do álbum Franz Ferdinand ademáis dunha estupenda canción chea de vivacidade, enerxía e estilo. Franz Ferdinand dá nome ao mesmo tempo á banda de indie rock, formada en Glasgow, e chamada así en honor ao Arquiduque Francisco Fernando de Austria (en alemán Franz Ferdinand) que firman a súa autoría.
O seu dominio do ritmo e a excelente coordinación entre guitarrazos e golpes de batería chegaron a situalos á cabeza do revival post-punk. Pero non só pola música é coñecido Franz Ferdinand, a súa estética vanguardista doulles máis dunha portada nas revistas de moda sendo o icono perfecto das tendencias.
A lista segue con artistas da talla de Radiohead, Arcade Fire, Muse ou os Artic Monkeys deixando patente a querencia polos sons rock. Sen embargo non falta a electrónica e o toque da música funk e disco que aporta por exemplo Daft Punkco seu pegadizo Get Lucky.
Aquí vos deixamos a Lista de Reprodución completa para acompañar a lectura. E non esquezas consultar a dispoñibilidade dos discos no noso catálogo para poder levalos en préstamo:
Adele – 19, Amy Winehouse – Back to black, Arcade Fire – Arcade Fire, Artic Monkeys – Whatever People Say …, The Alan Parsons Project – Tales of Mystery and Imagination Edgar Allan Poe, Björk – Debut, The Black Keys – Turn Blue, David Bowie – Heroes, Coldplay – Live 2012, Daft Punk – Human after all, Depeche Mode – Sounds of the universe, Franz Ferdinand – Tonight, Gorillaz – Plastic Beach, Interpol – Our love to admire, Muse – The 2nd law, Radiohead – Kid A, R.E.M: – Collapse into now, The Rolling Stones – Stripped, Saint Etienne – Tales from turnpike house, Simon and Garfunkel – Bridge Over Troubled Water, Talking Heads – Stop Making Sense, The Strokes – Angles, Travis – The invisible band, ST. Vincent – Strange Mercy, U2 – No Line On the Horizon, Vampire Weekend – Vampire Weekend