Lista de Reprodución Forum: Xaneiro e o mellor de…

O mes pasado fixemos repaso do mellor da música nos últimos 15 anos no que a panorama nacional se refire, segundo unha enquisa feita pola revista Rolling Stone aos seus lectores. Desta volta é a quenda da música internacional.

A cantautora británica de soul, R&B e pop Adele consegue meterse na lista co seu potente tema Rolling in the Deep. Unha sinfonía disco escura con toques de blues e gospel moi ben recibida pola crítica musical que a eloxiou con comentarios moi favorables tanto pola propia voz de Adele coma pola letra e a instrumentación do tema.

Outra gran diva británica tristemente desaparecida xa, Amy Winehouse figura co seu segundo e último álbum de estudio Back to Black. Tras o seu lanzamento e promoción, Back to Black vendeu máis de 20 millóns de copias arredor do mundo, convertendoo así no álbum de maior éxito comercial de Amy Winehouse. O tema que dá título o álbum é conciso pero xa figura  como unha das mellores cancións de toda a historia da música. Unha lección de clase e señorío cunha letra apoteósica “dixémonos adeus sen palabras e morrín cen veces” reza o estribillo.

Take Me Out pola súa banda é o single máis popular do álbum Franz Ferdinand ademáis dunha estupenda canción chea de vivacidade, enerxía e estilo. Franz Ferdinand dá nome ao mesmo tempo á banda de indie rock, formada en Glasgow, e chamada así en honor ao Arquiduque Francisco Fernando de Austria (en alemán Franz Ferdinand) que firman a súa autoría.

O seu dominio do ritmo e a excelente coordinación entre guitarrazos e golpes de batería chegaron a situalos  á cabeza do revival post-punk. Pero non só pola música é coñecido Franz Ferdinand, a súa estética vanguardista doulles máis dunha portada nas revistas de moda sendo o icono perfecto das tendencias.

franz-ferdinand

A lista segue con artistas da talla de Radiohead, Arcade Fire, Muse ou os Artic Monkeys deixando patente a querencia polos sons rock. Sen embargo non falta a electrónica e o toque da música funk e disco que aporta por exemplo Daft Punk co seu pegadizo Get Lucky.

Aquí vos deixamos a Lista de Reprodución completa para acompañar a lectura. E non esquezas consultar a dispoñibilidade dos discos no noso catálogo para poder levalos en préstamo:

Adele – 19, Amy Winehouse – Back to black, Arcade Fire – Arcade Fire, Artic Monkeys  – Whatever People Say …, The Alan Parsons Project – Tales of Mystery and Imagination Edgar Allan Poe, Björk – Debut, The Black Keys – Turn Blue, David Bowie – Heroes,  Coldplay – Live 2012, Daft Punk – Human after all, Depeche Mode – Sounds of the universe,  Franz Ferdinand – Tonight, Gorillaz – Plastic Beach, Interpol – Our love to admire,  Muse – The 2nd law, Radiohead – Kid A,  R.E.M: – Collapse into now,  The Rolling Stones – Stripped, Saint Etienne – Tales from turnpike house, Simon and Garfunkel – Bridge Over Troubled Water, Talking Heads – Stop Making Sense, The Strokes – Angles, Travis – The invisible band, ST. Vincent – Strange Mercy, U2 – No Line On the Horizon, Vampire Weekend – Vampire Weekend

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s