Lista Reprodución Forum Febreiro: os concertos que veñen

Xa estamos en febreiro, mes curto pero intenso, ven cargadiño de días sinalados, o día dos namorados, o antroido, o día da radio, o día de Rosalía… Pero desta volta na Lista de Reprodución tomamos nota do que está por vir e facémonos eco de varios concertos dos que poderemos desfrutar durante o 2015 no panorama nacional.

Por iso a Lista deste mes é ben diversa de xéneros, e de aí a explicación que poidas escoitar dende Estrella Morente ao incrible e escandaloso Robbie Williams. España é o país elixido polo artista británico para dar comezo a Let Me Entertain You Tour. O set de concertos do cantante pop terá dúas paradas: no Palau Sant Jordi de Barcelona e no Barclaycard Center de Madrid. Con inicio de xira en Madrid, o 25 de Marzo no Barcalycard Center, seguirao Barcelona, o 27 de Marzo no Palau Sant Jordi, cidades nas que hai máis de 10 que Robbie non toca en directo.

Let Me Entertain You Tour traerá o mellor de Williams, todos os seus hits nun único concerto, no que repasará o mellor da súa carreira e onde non faltarán os seus temas máis coñecidos como Bodies, Supreme, Eternity e moitos outros.

Este ano tamén poderemos ver no noso país a outro dos grandes, Lenny Kravitz. Unha das lendas máis importantes da historia do rock nos seus últimos 30 anos, Lenny Kravitz, confirmou tres concertos en España. Será o 18 de xullo en Gijón, o 20 de xullo en Madrid e o día 22 do mesmo mes no Festival Starlite de Marbella. Nesta ocasión Lenny Kravitz vén presentar Strut, o seu último disco de estudo, décimo na súa carreira musical, que recibiu moi boas críticas e do cal xa lanzou o primeiro single Chamber.

E por suposto os escenarios estarán cheos de artistas españois. Estrella Morente, Treixadura, Kepa Junkera Pablo Alborán,Leiva e moitos outros.

Leiva pechará #PolvoraOnTour, unha das xiras de maior éxito no noso país, con 17 novas datas, coas que sumará case 100 concertos entre 2014 e 2015. Pólvora entrou directo ao número 1 en vendas grazas ao seu son elegante e efectivo, pero tamén a un rock persoal e distintivo que contén éxitos tan rotundos como Terriblemente cruel.

 Especial mención merece a cantante e compositora India Martínez que está nomeada á Mellor Canción Orixinal a banda sonora da película de Daniel Monzón, “El niño”. India recibiu ademáis recentemente o Premio Própolis Á Mellor Voz, un galardón que recoñece as mellores voces nos ámbitos da canción, a interpretación e os medios de comunicación.

Aquí vos deixamos a Lista de Reprodución completa. E non esquezas consultar a dispoñibilidade dos discos no noso catálogo para poder levalos en préstamo:

AC/DC – Black ice, Pablo Alborán – Tanto, Felix Arias – Manchados de tinta, The Black Keys – El camino, Miguel Bosé – Bosé Papitwo,  Carla Bruni  – No promises, Kepa Junkera + Melonius quartet – Fandango, El Kanka – El día de suerte de Juan Gómez, Kiss – The very best of Kiss, Mark Knopfler – The ragpicker`s dream,  Lenny Kravitz – Are you gonna go my way, Leiva – Pólvora, Mago de Oz – Mago de Oz,  Franz Ferdinand – Tonight,Gorillaz – Plastic Beach, India Martínez – Camino de la buena suerte, Pablo Milanés – Las mejores canciones,Estrella Morente – Mujeres,  Katy Perry – One of the boys,  Amancio Prada – Trovadores, místicos y románticos,Los Punsetes – Una montaña es una montaña, Raphael – De amor & desamor, Revolver – Revolver, Second – Fracciones de un segundo,Los Secretos – Adiós tristeza, Joan Manuel Serrat – Mediterráneo, Treixadura – Unha noite non é nada, Robbie Williams – Intensive Care

Advertisements

One thought on “Lista Reprodución Forum Febreiro: os concertos que veñen

  1. Pingback: Lista Reprodución Forum: música para o mes de abril | Bibliosons

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s