Lista de Reprodución Forum: As mulleres na música

Xa estamos de cheo en marzo, empeza a sair o sol e a primavera xa está as portas. Pero se algo caracteriza a este mes é por ser o 8 de marzo o  Día Internacional da Muller. Así que na nosa Lista de Reprodución non toca outra máis ca renderlle a nosa pequena homenaxe enchendo a lista de voces femininas que berran ben alto.

Pouco a pouco, e coma en case tódolos ámbitos, e con moitos esforzos a muller adquiriu unha respetable posición na sociedade musical. Aportou a súa creatividade e o seu talento en diferentes estilos musicais ata chegar sen darse apenas conta a ser líderes de bandas de rock ou a convertirse en conocidísmas instrumentistas por exemplo.

A lista de mulleres destacadas dentro da música seria moi longa asi que na Lista de Reprodución da Biblioteca Forum Metropolitano tan só deixamos unha pequena escolma que abrangue diversos xéneros musicais e diferentes épocas.

Lemabramos a Chavela Vargas, a muller que forxou un mito latino. Chabela era posuidora voz que transcendeu rancheiras, boleros, corridos revolucionarios, tangos e cancións cubanas para forxar un estilo doce e esgazados, fondo e bravío, macho e feminino… Case coetánea é Omara Portuondo, cantante cubana de soul e boleros, ademais de ser a maior representante do chamado feeling. Coñecida como «A diva do Boa Vista Social Club» ou «A noiva do feeling».

Grandes do fado son Mariza e Dulce Pontes. Mariza, co seu segundo álbum, xa é considerada unha das mellores voces do que algúns chaman de “novo movemento do fado”. As súas interpretacións apaixonadas e a súa voz que lembra ás grandes divas do xénero, como a eterna Amalia Rodrigues, fixeron que Mariza gañase recoñecemento internacional en pouco tempo.  Dulce abordou o fado dunha forma pouco ortodoxa. Mesturaba fado tradicional con ritmos e instrumentos modernos, procurando novas formas de expresión musical. Enriquecía os ritmos ibéricos con sons e motivos inspirados pola tradición da música árabe e balcánica, principalmente búlgara.

E grandes da música contemporánea son Katy Perry, Madonna, Norah Jones, Adele ou a xa tristemente desaparecida Amy Winehouse. E non queremos rematar a nosa lista sen deixarlle un oco destacado ás grandes da nosa terra como Ana Kiro que comezou no mundo da canción como unha afección e que no ano 1969, estivo a punto de ser a primeira galega en representar a TVE en Eurovisión ao disputar con Salomé quen interpretaría “Vivo cantando” no festival que se celebrou en Madrid. A gran Uxía Senlle que comezou a cantar dende moi nova e con só vinte e catro anos, publica o seu primeiro álbum, Foliada de Marzo, cunha música bastante próxima ao tradicional, influenciada polo espertar da poesía galega na música popular.

Son só exemplos de mulleres na música, de mulleres coraxe que nesta ocasión quixemos destacar a modo de exemplo pero non esquezades que hai máis, moitas máis… aquí vos deixamos a nosa Lista de Reproducción de Marzo completa:

 Adele – Adele 21, Corinne Bailey RaeCorinne Bailey rae, Buika  Buika, Maria Callas – Divina, Luz Casal – Almas Gemelas, Wanda Jackson – Right or wrong, Norah Jones –Not too late.,  Diana Krall – Glad Rag Doll, Ana Kiro – Toda unha vida, Amy Macdonald – This is the life, Madonna – Ray of light, Malú – Íntima guerra fría, Mariza, Terra, Joni Mitchell – Blue, Diana Navarro – Camino Verde, Katy Perry – Teenage Dream, Dulce Pontes – Momentos, Omara Portuondo e Maria Bethânia , Russiand Red – Agent Cooper, Sinéad O’Connor – Am I not your girl?, Pastora Soler – Conóceme, Barbra Streisand – The concert, Uxía – Meu canto, Chavela Vargas – Antología, Julieta Venegas – Sí, Amy Winehouse  – Back to black

 

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s