Baixo o título “#ÉoCosmos!”, a Biblioteca Municipal Forum Metropolitano organiza ata o 15 xullo unha mostra cunha selección dos mellores materiais relacionados coa Astronomía, incluíndo as mellores novelas e películas de ciencia ficción.
Unha ocasión única para falar da conexión entre a Música e a Astronomía, e máis en concreto, dun xénero musical propio, o Space Rock.
O Space Rock (ou Rock Espacial) xorde durante a década dos anos 1960 como unha corrente do rock psicodélico e a música progresiva. Caracterízase polas súas longas pasaxes instrumentais de tempo lento nos que predominan os sintetizadores, as guitarras envoltas en efectos atmosféricos e letras relacionadas coa ciencia ficción.
Un dos primeiros pasos no desenvolvemento desta corrente deuno a banda británica Pink Floyd nos seus primeiros discos, The Piper at the Gates of Dawn e A Saucerful Of Secrets. Dúas cancións de Syd Barrett, “Interstellar Overdrive” e “Astronomy Domine“, constitúen a primeira mostra do xénero.
“Interstellar Overdrive” foi unha das primeiras improvisacións psicodélicas en ser gravadas por algunha banda de rock. Foi vista como a primeira intención de Pink Floyd de entrar no space rock aínda que os membros da banda desacreditaron este termo.
“Astronomy Domine (An Astral Chant)” (Señor dos astros (un canto astral)) incluíuse tamén en P·U·L·S·E, disco dobre en vivo e recompilatorio publicado en 1995. A inspiración do tema foi asumida por algúns como unha das ideas de Barrett con referencia ás súas primeiras experiencias con LSD, mesturándose co seu interese pola astronomía.
Outro dos grupos pioneiros deste son é a banda Gong. O seu membro fundador, Allen desenvolveu unha cosmogonía que partía da “teteira celestial”, unha analogía creada por Bertrand Russell nas súas polémicas sobre a existencia de Deus. En sucesivos discos, con moito humor, Allen foi narrando as aventuras de Zero The Hero e o seu achegamento ao Planeta Gong, mediante episodios de drogas e sexo.
Por outro lado, en canto a historias, unha das cancións máis coñecidas con letra espacial é “Space Oddity“, a obra cume do músico británico David Bowie. Editada como sinxelo en 1969, narra o lanzamento ao espazo do Major Tom. Na odisea do astronauta, Bowie canta a sensación desoladora e alucinante de flotar no espazo dentro dunha ínfima caixiña de lata desconectado de toda comunicación coa terra. Supostamente lanzada para coincidir coa aterraxe na lúa do Apolo 11, aparece no álbum Space Oddity. A canción foi utilizada pola BBC na súa cobertura da aluaxe.
A canción nárranos como este astronauta inicia a súa viaxe ao espazo desde a conta atrás ata que alcanza o cosmos. Neste lugar, o Major Tom deixa o mundo material para iniciar a súa propia viaxe ás estrelas, non sen antes despedirse dos seus seres queridos. Nalgún momento desta viaxe, o Major Tom perde o contacto coa terra, quedando atrapado na súa nave espacial.
Este mesmo personaxe é utilizado polo mesmo David Bowie noutras das súas cancións, como Ashes to Ashes, e Acho Spaceboy, así como tamén Elton John na súa canción Rocket Man. Posteriormente Peter Schilling continuaría a historia coa súa canción Major Tom (Coming Home), así tamén Kirby Ian Andersen e o grupo de rock canadense The Tea Party.
Dise que David Bowie inspirouse na película de Stanley Kubrick, 2001 A Space Odyssey e a propia euforia espacial que se vivía a finais da década dos anos 1960.
A partir da década dos anos noventa volven aparecer bandas influenciadas por este xénero como Muse, Radiohead, 30 Seconds to Mars, The Mars Volta, The_Flaming_Lips ou M83.
No caso concreto de The_Flaming_Lips, as letras de Coyne, en particular, referencian e encarnan a fascinación cos xéneros de ciencia ficción e space opera que foron populares durante a época dourada da subcultura psicodélica. O seu estilo lírico tende a utilizar as imaxes e as convencións argumentais da space opera para enmarcar temas máis abstractos acerca dos ciclos nos que se desenvolve o amor romántico, destacando a súa vulnerabilidade mentres que profunda as súas implicacións metafísicas.
2009 Flaming Lips – Watching The Planets from George Salisbury on Vimeo.
Outro exemplo é M83, un grupo de música electrónica fundado en 2001 por Anthony González e Nicolás Fromageau (2001/2004), ambos os procedentes de Antibes, Francia . O nome da banda está inspirado na Galaxia Espiral Messier 83.
M83 | Midnight City from DIVISION on Vimeo.
Estes son algúns dos grupos musicais que recomendamos e que podedes atopar nas Bibliotecas Municipais da Coruña.