Viaxando con Ritmo

Unha vez máis e coa chegada do verán, o CMIX Centro Municipal de Información Xuvenil do Concello da Coruña pon en marcha a campaña Móvete ’15 e a Biblioteca do Forum Metropolitano acompáñaa poñendo á vosa disposición a mostra máis viaxeira. Nela atoparedes multitude de novelas que vos farán viaxar a lugares da terra sen necesidade de facer a maleta e guías de viaxe que poderedes levar aos países cos que vos fixeron soñar as novelas. A música é un elemento fundamental que non debedes esquecer para a vosa equipaxe de man. Afortunadamente, pode coverterse nun aliado clave e ser parte moi protagonista da viaxe perfecta.

Conscientes de que a música sempre foi compañeira do ser humano dende os viaxando con ritmo10comezos da súa historia, de que foi un dos elementos principais na formación da cultura, e de que, á súa vez, pode influír en costumes e emocións dos pobos, queremos facernos altofalantes  e transmitírvolo a través de cada parada que fagamos na nosa particular viaxe musical. Ao longo dos meses de xullo, agosto e setembro, dende a Biblioteca Forum viaxaremos cada semana a unha gran cidade para darvos boa conta da súa historia musical. Cada urbe ten a súa historia e a música forma parte intrínseca dela, ademáis de ser, ao mesmo tempo, eixo de unión de individuos de moi diversos puntos. En cada parada que fagamos empaparémonos de toda a cultura musical que envolva a cidade.

Partiremos da chamada “movida madrileña” que se desenvolveu nos 80 grazas ás sempre tan activas noites madrileñas, polas saídas nocturnas dos mozos, pero tamén por un interés inusual polas chamadas culturas alternativas. Pasaremos por Londres, berce de diversos xéneros musicais como o Punk, mod,glam rock, ademais do Britpop chegando a ser hoxe o punto de converxencia de diversas enerxías multiculturais. E que finalmente resultou nunha fascinante combinación de xéneros musicais. Dende o funk e o soul (Jamiroquai) ata ritmos máis movidos como os de Prodigy.

Non nos esqueceremos de capitais como París, cidade que viu nacer en 1982 a Festa da Música, Estocolmo, Roma ou Berlín que presume de ser o centro musical de Alemania e onde os músicos destacan pola súa gran creatividade. E que non hai que esquecer que a capital alemana ostenta o título de maior templo da música tecno do mundo e conta ademáis con innumerables clubs nos que se toca todo tipo de música ao vivo ata altas horas.

A ecléctica Barcelona, Nova Iork cidade de jazz, de movementos hippies e do estilo punk-rock. A capital estadounidense é un dos lugares máis importantes na historia da música popular latina, serán tamén paradas obrigadas nas nosas viaxes musicais xunto  ao sempre nostálxico Bos Aires que nos deleitará cos seus aires de tango e pinceladas de rock.

Quedades convidados pois, a acompañarnos nas nosas viaxes musicais e a que desfrutedes da nosa selección bibliográfica e sonora “Viaxando con Ritmo” coa que faremos un percorrido pola  historia da música reflexando os diferentes estilos musicais de cada época. Aquí vos deixamos a guía de lectura máis musical para que vaiades abrindo boca.

Diapositiva1

Preocupádevos só de consultar a dispoñibilidade dos materiais no noso catálogo porque a pasaxe corre pola nosa conta!!!

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s