Viaxando con Ritmo: Barcelona

Barcelona fundouse co nome de Barcino, a finais do século I a C, como colonia romana e durante máis de 200 anos estivo baixo dominio musulmán. Pasaría logo por distintos períodos con mellor ou peor sorte até que a mediados do século XIX, coa chegada da Revolución Industrial e o desenvolvemento sobre todo do sector téxtil, iníciase unha etapa de recuperación cultural. Trátase da Renaixença, un período no que a lingua catalá se renova como lingua literaria.
O século XX inaugura tamén unha importante transformación urbanística na cidade de Barcelona que culmina co seu característico Barrio do Eixample, onde se sitúan algúns dos edificios do modernismo catalán.

Palau da Música Catalana

Palau da Música Catalana

En canto á música o Modernismo deu unha identidade sonora ao país. Este movemento social e artístico de finais do século XIX e principios do XX bebía das fontes centroeuropeas e quixo chegar a todas as capas sociais. Un dos seus legados é un dos edificios máis emblemáticos de Cataluña: o Palau de la Música Catalana. Unha das figuras máis representativas do estilo musical modernista foi Enric Morera. Morera é o músico que enlazou a música catalá cos movementos musicais de Francia e Bélxica.

Pero se falamos de Barcelona e a súa historia musical, sen dúbida non podemos esquecernos da Nova Cançó (Nova Canción). Ese é o nome co que se coñece o movemento artístico e musical catalán que, en pleno franquismo, impulsou a reivindicación do uso normal do catalán no mundo da canción. Apareceu na segunda metade do decenio de 1950, e conta con integrantes da talla de Pi de la Serra, Raimon, María del Mar Bonet, Lluís Llach e por suposto o gran Serrat.


Avanzando nos tempos poderiamos decir que Barcelona e toda Cataluña achegan unha gran cantidade de talentosos músicos en todos os terreos desta arte. Na división de cantantes podemos expoñer unha longa lista de profesionais dos diferentes sectores como pop, rumba, clásico, ópera e folclore, entre os que podemos encontrar famosos cantantes que para a gran maioría do público nin pensan, que sexan de Barcelona. É o caso do Pescailla, este impresionante xitano naceu en Barcelona, casou con Dolores Amaya á que abandonou para casar con Lola Flores.


A rumba catalá achegou moitos nomes á lista de compositores e cantantes tal é o caso dos irmáns Estopa e o tristemente desaparecido Peret. Tamén Barcelona conta con grandes da música clásica e zarzuela, como os enormes Victoria de los Ángeles, Montserrat Caballé e José Carreras.

No mundo do pop hai voces catalanas moi recoñecidas con infinidade de premios e éxitos mundiais, como é o caso de Dyango,  Mónica Naranjo, Sergio Dalma ou o Dúo Dinámico que foron os pioneiros do pop-rock en España, así como do fenómeno fan na década de 1960.

E de plena actualidade, na escena indie rock Barcelona é todo un referente con grupos da talla de Dorian, Love of Lesbian, Standstill ou Manel. As cancións de Manel mesturan o pop coa música máis tradicional cantada en catalán. Destacan polo seu atractivo directo e as súas cancións sinxelas, pero con letras traballadas.


Sen dúbida Barcelona é un sitio para desfrutar cos cinco sentidos e o verán unha boa ocasión para desfrutar de moitos dos festivais que se celebran na cidade (Barcelona Metal Fest, Sonar, Cruilla Barcelona, Barcelona Beach Festival etc.)

Agardamos que a viaxe fora do voso agrado e convidámosvos a que nos acompañedes na seguinte parada musical, París. Namentras tanto podedes pasarvos pola Biblioteca Forum e levar os discos en préstamo.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s