Stromae, ou como bailar a melancolía

Vexan primeiro este vídeo, gravado no metro de Montréal, Québec, en 2013. Quen canta non canta: cuspe as palabras cheas de dor, raiba, amor. É a vida, ferida e ferinte. Faino sen berrar. Non está bebido, está roto. Arrastra os “errrres” ao xeito do grande Jacques Brel, compatriota seu. E o público improvisado, que o coñece, que sabe ou intúe do falso videoclip que se está a gravar, métese na canción até rachar os limites do ficcionado, que deixa de importar, desde a emoción.

 

Dese tema, Formidable, existen dúas versións que non se poden deixar de ver. Resume e cita as dúas o director da revista Rockdelux Santi Carrrillo na súa reseña sobre o artista.

A primeira: “en el programa de televisión ‘Ce soir (ou jamais!)’, de France 2, Stromae se erigió en la estrella más radiante del pop europeo actual. Su desparpajo ante las incómodas caras de los contertulios –entre ellos, Isabella Rossellini– fue de antología: “¿Y qué os pasa a todos, que me miráis como a un mono? Ah, sí, que sois unos santos, ¡panda de macacos!”, les atizó desde la letra de la ya inolvidable “Formidable”.

A segunda:  “(…) su confirmación definitiva fue el videoclip de ese tema filmado en Bruselas a las 8:30 de la mañana de un día lluvioso, con varias cámaras ocultas y él simulando estar ebrio. Son imágenes que impactan por la incredulidad que provoca su memorable actuación: peatones asombrados ante un tipo que se tambalea y grita la canción que escucha a través de los auriculares; la mujer que le hace salir del andén antes de que llegue el tranvía; el policía declarándose fan suyo y proponiéndole acompañarlo a casa… Stromae entra definitivamente en la historia cuando, en un insospechado giro final, despide el clip sonriéndonos maliciosamente en un simpático guiño delator de su valentía y de su desfachatez.” 

É unha simple canción, mais serve para introducir alguén que busca, no fondo e na forma, ir máis alá. O que menos importa é a escenificación, porque non queda na aparencia. O relevante é a capacidade e a intención de conectar co que de feroz, vulnerable e miserablemente humano levamos dentro.

composicion

Stromae (Paul van Haver, 28 anos, de nai flamenca e pai ruandés -asasinado no xenocidio ocorrido nese país no 1994-) é un verdadeiro artista. Fai música electrónica como podería realizar esculturas, deseñar catedrais, escribir obras de teatro. É un creador, en definitiva, que nos conecta con nós mesmos e coas nosas emocións. Mesmo quen non é especialmente apaixonado da música dance acaba rendido diante do magnetismo da súa música: ritmos adherentes, personalidade e talento na interpretación, letras sen concesións.

Mamá di que papá nunca vai moi lonxe, que vai moito fóra, a traballar. / E parécelle ben, é mellor así que estar mal acompañada, ou non? (Papaoutaí) 

Coidado co que fas / e coas cousas ás que lle dás “gústame”. / Os sorrisos de plástico soen ser golpes de hashtag. / E así é como todos nos queremos, nos queremos, nos queremos / E así consumimos, consumimos, consumimos, consumimos. (Carmen)

É fácil dicir que estou rara porque teño a regra, e que me gusta bla bla bla / mais non, o importante non é iso que chamas regra / Xa sabes, a vida son os nenos, aínda que este, coma sempre, non che parece bo momento / Para facelos estás disposto, si, mais para crialos desapareces (Tous les memmes) 

Escuro, fráxil, radiante, melancólico, rabioso, amargo, irónico, seductor, incómodo… con unicamente dous discos publicados xa nos deixou verdadeiros momentos de fulgor emocional, intres de beleza fuxidía polos que bandas con décadas de traxectoria venderían a súa alma. Non son poucos os artistas, polo demais, que neste tempo procuraron a súa presenza e colaboración: Diplo, Major Lazer, Kanye West, Will.I.Am

 

 

Showman, actor, cantante… Stromae medrou entre un mundo de músicas provenientes das súas orixes diversas: melodías africanas, rumba, salsa, hip-hop, cantautores francófonos… Porén, os seus inicios baseáronse fundamentalmente no hip-hop: “durante esa época, el hip hop era para mí la única verdad. Diríamos que es el lado un poco estúpido de la adolescencia, cuando crees que solo hay una verdad. Finalmente, me di cuenta de que había un montón de cosas interesantes en todos los estilos. Y es lo que intento integrar cada vez más. No es un problema únicamente del hip hop, pero nunca me reconocí en ese culto a la diversión y a la felicidad a través de cosas completamente estúpidas como el alcohol o los coches. Nunca he querido vender sueños. El mío no es ser rico o famoso, sino encontrar un equilibrio entre trabajo, familia y una vida feliz. Siempre he querido explicar hechos de la vida real, los problemas que todos tenemos. Poco importa el nivel social, los orígenes. Lo que todos tenemos en común es el sufrimiento de la vida y eso es lo que nos hace interesantes.”

Con esa vontade declarada e desde unha mestura desacomplexada de ritmos populares, xerga verlan, xogos de palabras, referencias clásicas e intencionalidade pop, Stromae converteuse nun dos máis innovadores e influíntes artistas da escena internacional.

Para o descubrir, podes pedir os seus discos nas nosas Bibliotecas. Na Biblioteca Ágora, en concreto, temos á vosa disposición o segundo, Racine Carrée. Animámosvos ao descubrir e deixámosvos con dúas actuacións memorables:

Na gala dos NRJ Music Awards 2013:

 

No SXSW Festival 2015:

 

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s