Lista Reprodución Forum: setembro a bo ritmo

Nas bibliotecas tamén temos a inmensa sorte de contar en moitas ocasións coa xenerosidade dos nosos usuarios e usuarias que nos donan parte das súas coleccións. Desta volta, a doazón foi dunha gran colección de discos que abarcan sons e xéneros tan dispares coma Red Hot Chilli Peppers, os grandes éxitos de Queen, boa parte dos traballos de Rihanna e un repaso pola traxectoria do gran Xoel López, dende a formación Deluxe ao seu paso  por Lovely Luna.

A Lista de Reprodución de Setembro ven polo tanto cargadiña de novidades e de estrenos, con fondos recén incorporados á colección que aínda que non son os últimos traballos dos artistas no mercado nunca pasan de moda e toda ocasión é boa para botarlle unha escoita a estes grandes éxitos.

Born To Do It é o primeiro álbum do cantante inglés de R&B-Soul Craig David. Foi todo un éxito en vendas converténdose no álbum de estrea máis rapidamente vendido da historia. Desde entón, Craig David lanzou cinco álbums de estudo e traballou con unha variedade de artistas como Tinchy Stryder, Kano, Jay Sean, Rita Ora e Sting.

Manic Street Preachers é unha banda galesa de rock fundada en Blackwood en 1989. A idea de formar unha banda xurdiu nun principio en 1986, cando foron as conmemoracións dos 10 anos dos Sex Pistols, pero tardaron tres anos en levar a idea adiante. This Is My Truth Tell Me Yours é o quinto álbum de estudio da banda, editado o 14 de setembro de 1998 polo selo Epic Records. O disco gañou o premio ao mellor álbum británico nos Brit Awards de 1999 sendo un éxito comercial e de crítica.

E do País de Gales saltamos aos Estados Unidos, para falar de Nirvana unha das bandas máis importantes da historia do rock. Pese a quen lle pese son un grupo de culto, mitificado, con milleiros de fans ás súas costas e un líder claro, Kurt Cobain. O escaso material publicado non resultou ningún inconveniente para que haxa tres recompilatorios e catro box sets no mercado, Nirvana é un deles foi o terceiro álbum da banda en ser editado despois da morte de Kurt Cobain en abril de 1994, e trátase do primeiro en contar con material de estudio.

A lista complétase con artistas da talla de Patti Smith, coñecida como a madriña do punk, o cantante e pianista inglés de jazz e pop Jamie Cullum, a voz inconfundible de Bonni Tyler e músicos españois coma Alejandro Sanz, Mecano,Vega ou Zahara que a pesar da súa xuventude xa vai polo seu terceiro disco, Santa, no que conta con músicos de Mucho e Fuel Fandango entre outros.

Aquí vos deixamos a Lista de Reprodución con todos os artistas para que a desfrutedes. E se queredes escoitar os traballos seleccionados ao completo non esquezades pasarvos pola Biblioteca Forum e levalos en préstamo!

Amaral  Una pequeña parte del mundo, Andrés Calamaro – El palacio de las Flores, Coti – Canciones para llevar, Craig David – Born to do it, Jamie Cullum – Catching Tales, Deluxe – If things were to go wrong, Evanescence – Fallen, Kt Tunstall  Drastic Fantastic, Mala Rodríguez – Lujo Ibérico, Manic Street Preachers – This is my Truth Tell Yours, Maroon5 – Songs about Jane, Marta Sánchez – De par en par, Mecano – Siglo XXI, Alanis Morissette – Suppossed Former Infatuation Junkie, Nirvana – Nirvana, La Oreja de Van Gogh  – Cometas por el cielo, Paramore –The final Riot!, Queen – Greatest Hits I II & III, The Red Hot Chili Peppers – The Abbey Road E.P, Roxette – A collection of Roxette Hits, Alejandro Sanz – La música no se toca, Patti Smith – Land, Bonnie Tyler – Heart Srings, Vega – La cuenta atrás, Zahara – La fabulosa historia de …, Zaz – Recto verso

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s