Viaxando con Ritmo: Bos Aires

O verán vai tocando o seu fin e con el as nosas viaxes musicais. Chegamos como parada fin de traxecto a Bos Aires, unha urbe con moita histora. É unha das poucas cidades no mundo que foi fundada dúas veces. A primeira, en 1536, e a segunda, en 1580. As extraordinarias riquezas chegadas dende México e Perú provocaron en España un grande interese pola conquista. En xaneiro de 1536 chega ao Río da Prata unha forte expedición española para fundar unha poboación e conquistar a zona da prata, A expedición estaba ao mando de don Pedro de Mendoza. Destruída en 1541 polos propios habitantes a raíz das constantes ameazas dos nativos, a segunda fundación tivo lugar no ano 1580 por Juan de Garay.

Dende 1895 a 1914, a raíz da chegada das grandes correntes inmigratorias, a cidade medrou cunha das taxas anuais máis grandes do mundo e en 1914 xa era a duodécima cidade máis grande do mundo con 1.575.000 habitantes, e tamén medrou cultural e comercialmente.Bos Aires

Pero metámonos xa en materia, a música, non podemos falar da cidade de Bos Aires sen facer referencia ao tango. tangoNace a finais do século XIX da fusión cultural das comunidades afrorioplatenses, coa cultura gauchesca, indíxena, hispana, africana, italiana e a enorme diversidade étnica da grande onda inmigratoria chegada principalmente de Europa. O tango revolucionou o baile popular introducindo unha danza sensual con parella abrazada. Enrique Santos Discépolo, un dos seus máximos poetas, definiu ao tango como «un pensamento triste que se baila». O 30 de setembro de 2009, a petición das cidades de Bos Aires e Montevideo, a Unesco declarouno Patrimonio Cultural Inmaterial da Humanidade (PCI).

Carlos Gardel é a maior referencia do tango. Temas como Volver, El día que me quieras, Cuesta abajo, Por una cabeza e Melodía de arrabal ingresaron ao repertorio latinoamericano grazas a Gardel. A súa fama levouno protagonizar 10 películas. A súa tráxica morte nun accidente aéreo en 1935 foi o comezo da súa lenda. Arxentina, Francia e Uruguai disputan o seu lugar de nacemento.

Outros artistas esenciais do tango son Ignacio Corsini, Hugo del Carril, Mercedes Simone, Anibal Troilo, Susana Rinaldi ou Gotan Project, banda formada no 1999. É o tango do século XXI. O trío debutou no ano 2000 co álbum Vuelvo al sur, expoñendo un son que fusionaba o novo tango de Ástor Piazzolla con elementos de música electrónica. Os seus temas son parte das seleccións dos principais disc jockeys do mundo.

E do tango pasamos ao rock outro dos grandes xéneros musicias do país. Arxentina foi o primeiro país iberoamericano que, despois dos do ámbito anglosaxón, combinou os diversos estilos derivados do rock and roll con elementos autóctonos, desenvolvendo así unha música de identidade propia, que recibiu o nome de rock nacional.

Foi na segunda metade dos anos sesenta, cando varios grupos underground que proviñan dun ámbito intelectual e bohemio empezaron a compoñer cancións en español sobre asuntos que interesaban ao público novo, o rock arxentino comezou a interpretarse dun xeito propio, dando forma a un xénero musical que primeiro foi denominado «Beat», máis tarde «música progresiva» e finalmente «rock nacional».

Bo exemplo delo son bandas como Ratones Paranoicos. A súa semellanza cos Rolling Stones fixo que o seu son fose recoñecido particularmente. Pouco a pouco foron logrando perfilar unha personalidade propia. En Los chicos quieren rock afóndase este despegar da copia, para instalarse máis nunha herdanza musical. Este disco lánzaos á masividad e, mesmo os leva ao lugar de “Grupo Revelación” nas enquisas.

Máis recente é Calamaro o fundador de Los Rodríguez, quen formou parte das bandas sonoras das longas noites de bar na década dos 90 e foi o prólogo do seu comezo en solitario. Outro dos grandes é Fito Páez, integrante da chamada Troba rosarina, é un dos máis importantes expoñentes do rock arxentino. Logrou innumerables recoñecementos e cinco premios Grammy Latinos.

Chegamos á fin do noso percorrido musical por Bos Aires con máis rock arxentino, o de Soda Stereo, considerada como unha das máis influentes e importantes bandas iberoamericanas de todos os tempos e unha lenda da música latina. O primeiro son de Soda foi influenciado por músicos e bandas de newwave como The Police, Elvis Costello e Virus, e por bandas de post-punk como Television. Trala disolución no 1997, no 2007 deron unha única xira continental posterior o que xenerou esperanzas nos fans para a súa volta, algo que se viu totalmente truncado trala morte de Gustavo Cerati no 2014. 

Así, a ritmo de tangos e rock arxentino pechamos o noso particular percorrido do verán “Viaxando Con Ritmo”. Agardamos que desfrutarades tanto coma nós e prometemos volver o próximo verán con novas viaxes e con moito máis ritmo. Lembrade que os discos tédelos á vosa disposición durante todo o ano nas Bibliotecas Municipais.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s