Lista Reprodución Forum: Movember

Chega o mes máis peludo do ano, e é que en novembro a cousa vai de bigotes. O movemento “Moustache-November” (Bigote-Novembro) bate récords de ano en ano. “Movember” é un xogo de palabras entre “moustache” (bigote en inglés) e “November” (noviembre). A súa orixe remóntase a principios do Século XX na cidade de Melboume (Australia), ainda que a súa popularidade foi en aumento de xeito significativo nos últimos 10 anos. Esta multitudinaria iniciativa conseguiu recuperar un símbolo físico de masculinidade.

Movember é unha organización adicada aos problemas de saúde dos homes e  recada fondos para loitar contra o cancro de próstata, o cancro testicular e os problemas de saúde mental.

movember

O obxectivo é recaudar fondos e aumentar a concienciación sobre a saúde do home, explican dende a web de Movember. Á iniciativa tamén se poden sumar mulleres (Mo Sistas) que axuden aos seus compañeiros (Mo Bros) a deseñar o mostacho. Pero se algo está conseguindo Movember, é sensibilizar sobre os cancros de próstata e testículo.

Na Lista de Reprodución de Novembro facemos o noso particular “movemento november” e desta volta seleccionamos música de homes teñan ou non bigotes.

León Benavente é un grupo formado por músicos procedentes de bandas tan coñecidas coma Tachenko, Schwarz ou Nacho Vegas. León Benavente presenta o seu homónimo álbum de debut a quen a crítica sitúa como un dos mellores lanzamentos nacionais do 2013. Entre os seus integrantes hai estirpe galega, trátase de Abraham Boba, quen aporta esa eterna melancolía que proxecta nas letras e transmite a través da súa voz.

Despois de mostrar na maioría de festivais da Península o seu solvente, roqueiro e intrépido directo, Eladio y Los Seres Queridos teñen tamén un oco na lista. Xa polo 2013 recibiron o Premio Galego da Música á mellor banda de indie/pop galega. Algo que os caracteriza son as boas cancións con letras ben traballadas e un son electrizante.

Cruzamos fronteiras e cambiamos totalmente de estilo para achegarnos ao gran Van Morrison, un personaxe esquivo, pouco dispoñible para compromisos e pouco comercial pero é, desde todos os puntos de vista, un dos personaxes máis estimados, máis admirados e tomados como exemplo polos coñecedores do rock. Cunha voz desgarradora e potente converteuse nun dos símbolos do Londres dos anos sesenta. Tras unha intensa traxectoria musical finalmente, en 1988 colabora activamente co grupo folk Chieftains (aos que tamén seleccionamos no noso Movember especial) realizando un antigo proxecto seu: o álbum ‘Irish heartbeat’.

A lista segue e complétase con nomes en maiúscula como Ray Charles, Elvis Costello, Víctor Jara ou Rodrigo Leao, por exemplo. Aquí vola deixamos ao completo para que desta volta lle botedes á música e á vida en xeral “un par de bigotes”. E lembrade que se estades interesados na causa podedes rexistrarvos e elixir de que xeito queredes colaborar.

Arizona Baby – Second to none, León Benavente – León Benavente, Andrés Calamaro – El cantante, Ray Charles – Kiss me baby, The Chieftains – Santiago, Depedro – La increible historia de un hombre bueno,Elvis Costello – National Ransom, Eladio y Los Seres Queridos – Orden invisible, Eskizos – Eskizos, Franz Ferdinand – Tonight, John Legend – Once again,  Víctor Jara – El derecho de vivir en paz, Javier Krahe – Cinturón negro de karaoke, Rodrigo Leao – O mundo,  José Mercé – El flamenco es_, Pablo Milanés – Amo esta isla, Van Morrison – Days like this,  Red Hot Chili Peppers – Freaky styley,  Davide Salvado– Rústica, Simon & Garfunkel – Bridge Over Troubled Water, Bruce Sprinsgteen – Tunnel of love, Caetano Veloso – A foreign sound, Barry White – Gold, Robbie Williams – Intensive care, Steve Wonder – The Definitive Collection, Neil Young – Fork in the road

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s