Lista de Reprodución Forum: música para o mes de marzo

Na lista de Reprodución de marzo atoparedes músicos de Canadá, Estados Unidos, Gales, Inglaterra, Irlanda, Islandia e Suecia, con estilos que van desde o psyck folk e o electropop, ao neo soul e o funk rock.

Empezamos cunha cantante, instrumentista e compositora que non deixa a ninguén indiferente, Joanna Newsom. A californiana, criada nunha familia de músicos de formación clásica, que con cinco anos pediu un arpa de pé, da que non se separou desde entón. Cunha voz inusual, con trazos de folk e da música dos Apalaches, é unha das artistas máis ambiciosas do indie folk. O seu álbum Have One On Me -dividido en 3 CDs, de máis de 2 horas de duración, e 18 cancións- compúxoo mentres se recuperaba duns nódulos nas cordas vocais, que a tiveron varios meses sen poder falar nin cantar. Neste traballo compaxina o protagonismo do arpa co do piano, e ao longo do mesmo folk, blues, jazz, pop, swing e música de cámara teñen o seu momento de protagonismo en maior ou menor medida. Destacamos ‘81, unha das cancións máis intimistas.

Co seu peculiar estilo ao tocar e un don para compoñer, Andy McKee comezou a tocar a guitarra ós 13 anos. Aburrido das primeiras leccións, conseguiu a inspiración que lle levaría a ser quen é tras asistir a un concerto do guitarrista Preston Reed. Considerado un dos mellores guitarristas acústicos do mundo, conta con millóns de visitas en Youtube, onde o directo da súa creación máis famosa Drifting conseguiu a finais do 2006 máis de 7.300.000 visitas e a máxima puntuación de todas as composicións da páxina. Joyland é o seu terceiro disco, que vén acompañado dunha película documental que segue a McKee no seu regreso á tenda de música onde daba clases de guitarra e ao estudo de gravación da súa casa. Un dos temas que interpreta no álbum, Everybody Wants to Rule the World, é unha versión do tema dos británicos Tears for Fears.

Cunha exitosa carreira como solista Robert Wyatt-Ellidge, foi batería de Soft Machine e Matching Mole, importantes grupos da Escena de Canterbury. A súa música aínda que complexa, é alegre e pegadiza, o que fai que sexa fácil de escoitar. En 1973 quedou paralítico tras caer polo balcón dun terceiro piso durante unha festa, polo que tivo deixar de tocar a batería e aprendeu a tocar o teclado. Comicopera, o seu oitavo álbum de estudo, é unha traxicomedia dividida en 3 actos, resultado de mirar ao seu ao redor e analizar a tolemia e o imprevisible da vida real. Stay Tuned, o tema que dá inicio ao primeiro acto, é unha versión do tema do mesmo nome da cantante e compositora norueguesa Anja Garbarek.

Brand New Eyes é o terceiro disco da banda estadounidense Paramore, que liderou as listas de éxitos en Australia, Irlanda, Nova Zelandia e Reino Unido. O título do disco fai alusión á nova perspectiva que tomou o grupo para acabar coas discusións que case o disolven, provocadas polo ano que estiveron de xira sen descanso para promocionar o seu traballo anterior Riot! (aínda que meses despois dous dos seus compoñentes terminárono deixando). The Only Exception, é o seu tema máis exitoso desde o punto de vista comercial, unha canción distinta á música habitual do grupo, cuxo estilo foi catalogado como emo e pop punk. A balada valeulles o nomeamento ao Grammy como «Mellor interpretación pop vogal de grupo/dúo»

Aquí vos deixamos a Lista de Reprodución completa, e se queredes escoitar ao completo os álbums dos temas seleccionados, lembrade pasar pola Biblioteca Forum para levalos en préstamo.

Alanis Morissette – Thank U, Andy Mckee – Everybody Wants to Rule the World, Bang Gang – It´s Alright, Best Coast – Boyfriend, Chris Walla – Two-Fifty, The Craberries – Time is Ticking Out, Erykah Badu – On & On, The Faint – How Could I Forget?, Iyaz – Replay, Jens Lekman –  Sipping On the Seet Nectar, Joanna Newsom – ’81, Keane – Crystal Ball, La Roux – In For fhe Kill, Ladyhawk – The Dugout, Lambchop – Up With People, Low – California, Maniac Street Preachers – You Stole the Sun From My Heart, Marah –If You Didn’t Laugh, You’d Cry, Marion – Time, Paramore – The Only Exception, The Postal Service – Suddenly Everything Has Changed, Red Hot Chili Peppers – Higher Ground, Robert Wyatt – Stay Tuned, Stephen Malkmus – Jenny & the Ess-Dog, Teenage Fanclub – Happiness, Wavves – Post Acid

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s