Lista de Reprodución Forum: música para o mes de maio

Para este mes de maio realizamos unha pequena selección do que podedes atopar na sección de Pop-Rock Nacional. Cantantes de aquí e algún, como Manu Clavijo, que xa se pode considerar da terra, pois leva máis de 20 anos en España.  Unha lista moi variada, na que xunto a grupos e cantantes coñecidos, atopardes bandas locais que merece a pena escoitar.

Actriz, presentadora, pero sobre todo, cantante e compositora, Christina Rosenvinge debutou en 1980 con “Ella y los Neumáticos“. Despois virían Magia Blanca, Álex y Christina e Christina y los Subterráneos, ata que en 1997 presenta o seu primeiro disco en solitario, Cerrado. En 1998 vaise a Nova York, onde comeza a actuar en salas da cidade e lanza Frozen Pool, co que obtén boas críticas da prensa especializada estadounidense. Despois chegaría Foreign Land (2002), un traballo folk-pop, con formato libro-cd, que conta con fotografías do escritor e cineasta Ray Loriga. Este álbum mostra o desencanto, a madurez e a soidade das grandes cidades, deixando unha sensación de desasosego e preocupación, probablemente debido a que xurdiu en Nova York no medio do clima post 11S.  Destacamos King Size, un tema mordaz, e á vez cálido, familiar e próximo, no que fala da decadencia da idade adulta.

Seguimos cos que foron un dos referentes do rock and roll clásico feito en Galicia,  o agora disolto Doctor Gringo. Estaba formado por Martín Esturao, agora en Mad  Martin Trío, Héctor Tellería e Fran Facal. Con influencias rockabilly, empezaron a sorprender cos seus directos en 2008 na Sala Capitol de Santiago, así como en Gran Bretaña, Suecia e Portugal. O seu primeiro traballo, Doctor Gringo (2010), contaba con 10 temas propios e dúas versións, Dr. Who goes West, a súa particular interpretación do tema principal da serie Doutor Who e I Said Yeah,  que adapta ao inglés Yo dije Yeah de Siniestro Total.

Formado no ano 2000 por Alejandro Acosta, a música de Mojo Project mestura funk, jazz, soul, flamenco, ritmos brasileiros e africanos coa música electrónica, conseguindo un son moi diferente. Actualmente o grupo está formado por Alejandro Acosta, Carlos Murillo e Goiko Martínez. No 2001 gañaron o premio Imagina Rock, da SGAE, sendo elixidos por unanimidade entre máis de 900 grupos de toda España. En 2004 lanzaron o seu primeiro disco Taste the Mojo, con 13 temas que lograron unha boa acollida tanto pola crítica, como polo público en España e Europa. Ese mesmo ano, o xornal El País elixiunos Mellor Grupo Revelación. A xira do disco foi un éxito, con máis de 200 concertos por España e algunhas cidades de Europa. Taste the Mojo conta con grandes temas, interpretados pola entón cantante do grupo África Galego, como Make me roll, Still alive, Good Luck, ou In my Life.

Os coruñeses Manuel Rodríguez, Carlos González, Xullo Seijal e Pablo Sotelo formaron en 2005 Stereotipos, unha banda de pop rock que aspira a vivir a música, e  á que se comparou con Quique González e Pereza. Defensores da música en directo, foron teloneiros de Iván Ferreiro e Pereza, e tocaron con Amaral, Sidonie e Deluxe. O seu segundo traballo, 200 buitres, producido por Juan de Dios Martín (Deluxe, Marlango), conta con 10 cancións con melodías e letras honestas e melancólicas nas que explotan a súa veta persoal. Recomendamos o que foi o seu primeiro single, 200 buitres, cuxo videoclip foi rodado no centro da cidade.

Aquí vos deixamos a Lista de Reprodución completa. Se queredes escoitar os álbums dos traballos seleccionados, lembrade que podedes levalos en préstamo na Biblioteca Fórum.

12Twelve – Alcatraz, Alcohol jazz – Persecución implacable, Almakoa– Inner not Outdoors, Burrito Panza – El riesgo necesario, Christina Rosevinge– King size, Doctor  Snob – Lloviendo piedras, Dr. Gringo – I Said Yeah, El Guincho – Bombay, Elefantes – Somos nubes blancas, Elektra – Podium, Enrique Bunbury – La señorita hermafrodita, Espaldamaceta – Baile masái, Guadi Galego– Mergullei, La Dance – Plan B, La Escalera de Jacob – Imaginación, Manu Clavijo – Chacarera de mis cuatro vientos, Mendetz – Flashback, Mojo Project– In my life, Mónica Naranjo – Europa, Nouvelle Couisine – Record, OBK – Lucifer, Pastora – Grandes despedidas, Stereotipos – 200 buitres, The Money Makers – Move on, Vega – Como yo no hay dos, Zahara– Con las ganas

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s