Lista de Reprodución Fórum: os concertos que veñen

Este mes retomamos a actualidade musical cunha lista moi variada na que están presentes algúns dos que artistas que teremos en concerto proximamente. Desde Carlos Vives e Ricky Martin, a Raphael e  Michael’s Legacy; o espectáculo en homenaxe a Michael Jackson creado pola Jackson Dance Company, considerado por moitos o mellor tributo ao difunto Rei do Pop. Tamén están incluídos M Clan, Fuel Fandango, Mercedes Peón e Milladoiro, que estiveron na Festa do Queixo de Arzúa.

O grupo de folk celta nacido a finais da década dos 70 a partir da unión dos músicos Antón Seoane e Rodrigo Romaní e a formación tradicional Faíscas do Xiabre, é un dos conxuntos de música celta máis valorados internacionalmente. Con máis dunha vintena de discos ao longo da súa traxectoria, Milladoiro sempre levou a cabo unha labor de recuperación e reivindicación da tradición musical galega, sendo un dos principais embaixadores da nosa cultura por todo o mundo; participando tamén na fusión e a investigación de novas formas artísticas. Destacamos un dos temas de O niño do sol (20002), Os ollos de Andrea.

Na lista non podíamos esquecer a oitava edición de Santiautor. E é que, entre marzo e maio, terán lugar en Santiago 32 concertos, 15 deles de artistas galegos. Polos escenarios do certame pasarán intérpretes para tódolos gustos, como: Rozalén, Rosana, Pedro Guerra, Rosa Cedrón e Marilia, excomponente do dúo Ella Baila Sola, que disolveu a súa formación orixinal no 2001. No 2013 lanzou o seu primeiro traballo en solitario, e este mes verá a luz o terceiro álbum, Infinito. Lembramos un dos temas do terceiro disco de EBS, Marta & Marilia (2000), No está todo perdido.

As entradas para o concerto de Ricky Martin en A Coruña esgotáronse en tres horas, marcando un récord na historia do Coliseum. O portorriqueño iniciará a xira española de One World Tour na nosa cidade, co que será o único concerto en Galicia. O espectáculo estará dividido en catro fases: dance rock, baladas e tribal e interpretará algúns dos seus grandes éxitos, como: Come With Me, A Mordidita, Livin’ a Vida Loca e A Bomba entre outros. Un dos temas que non van faltar é She Bangs, o primeiro sinxelo do seu sexto traballo de estudio, Sound Loaded (2000). O vídeo musical foi un éxito na MTV, e a versión en español do mesmo gañou un Grammy ao Mellor vídeo musical.

A actriz e cantante alemana Ute Lemper tamén visitará a nosa comunidade no mes de abril. Coñecida polos seus papeis en musicais, entre os que destaca a produción francesa de Cabaret, é recoñecida pola súa interpretación da obra do compositor alemán Kurt Weill. Salientamos a súa versión de  I’m A Stranger Here Myself, do musical de Broadway One Touch of Venus, que contaba con música de Kurt Weill e letra de Ogden Nash e na que se parodiaba vagamente o mito de Pigmalión. O espectáculo foi levado á pantalla grande en 1948 e estaba protagonizado por Robert Walker, Ava Gardner e Dick Haymes.

Aquí tedes Lista ao completo. Se queredes levar os álbumes dos traballos seleccionados, non esquezades pasar pola Biblioteca Fórum.

Budiño – Paralaia. Burning – Una noche sin ti. Caetano Veloso – Mi cocodrilo verde. Carlos Vives – Fruta fresca. Diego Ojeda – Puedo verte. Ella baila sola – No está todo perdido. Fuel Fandango – I Say No. GuadiGalego – Madama. Juan Magán – Amarte bien. La Oreja de Van Gogh –  Día cero. Leiva – Mi mejor versión. León BenaventeTodos contra todos. Love of Lesbian – Universos infinitos. Macy Gray – Walk This Way. M Clan – Mario. Mercedes Peón – Babel. Michael Jackson  – Farewell My Summer Love. Milladoiro –  Os ollos de Andrea. Novedades Carminha – Quiero verte bailar. Pedro Guerra – Otra forma de sentir. Raphael – Provocación. Ricky Martin – She Bangs. Rosa Cedrón – Heicho de dar. Rosana – Hoy. Rozalén – Levántate. Ute Lemper – I’m A Stranger Here Myself.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s